OS FOROS ABERTOS

NO TEMPO LIBRE

 

Durante o X Interactuando no Tempo Libre (2016) falouse da necesidade de ter un Foro Intermedio entre cada edición de Interactuando, a semellanza do I Foro Aberto no Tempo Libre que se organizou en 2015 para reflexionar sobre a necesidade de retomas as xornadas de Interactuando no Tempo Libre, os contidos das mesmas e o formato de programa.

As inscricións nestes foros son libre e de balde, realizándose a convocatoria a travás da DXXPV.

A continuación tedes a vosa disposición a documentación elaborada en cada Foro Aberto.

Que é un Foro do Tempo Libre?

É un espazo de encontro e reflexión no que están convidadas a participar todas as persoas vencelladas dun xeito ou doutro e activamente á educación no tempo libre en Galicia.

Cando se convoca o Foro do Tempo Libre?

Unha vez ao ano. De xeito intermedio e preparatorio para as xornadas INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE.

Dende cando se convoca o Foro do Tempo Libre?

Dende o 2015.

Naquela ocasión co ánimo de reavivar as xornadas INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE, e dende a segunda edición co ánimo de dar continuidade ás últimas xornadas e preparar as seguintes.

Quen convoca o Foro do Tempo Libre?

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coas persoas que amosan interese e participan nas xornadas anteriores.

Para que se convoca o Foro do Tempo Libre?

Para informar e informarse, para tratar novidades e coñecidos debates, para construír, coñecer, escoitar, aprender e mellorar as condicións da Educación no Tempo Libre.

Para favorecer que existan espazos e canles de comunicación e encontro entre a diversidade de axentes activos no TL.

Para que asegurar que as propostas e iniciativas das últimas xornadas INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE non caian en saco roto... e para sentar as bases para artellar as vindeiras edicións: identificar persoas, temáticas, datas, melloras, propostas...

O que se foi falando na nos sucesivos encontros que se veñen realizando:

1º Foro do Tempo Libre. 27 de Marzo do 2015

  • 25 persoas se reuniron na Casa da Xuventude (Centro Coordinador) de Santiago.

  • Acordouse reeditar as xornadas galegas INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE.

  • Aprobouse a estrutura básica das xornadas e as temáticas a abordar nos faladoiros.


X INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE. 6 , 7 e 8 de Maio do 2016

  • 60 persoas se xuntaron no Albergue Xuvenil de Gandarío

  • Identificouse a necesidade de anovar o decreto en materia de xuventude 50/2000

  • Identificáronse necesidades de formación e de recoñecemento do sector

  • Identificáronse problemáticas en materia laboral

  • Reivindicouse o papel educativo do Tempo Libre


2º Foro do Tempo Libre. 19 de Novembro do 2016

  • 15 persoas se xuntaron na EGAP de Compostela

  • Acordouse mover as xornadas INTERACTUANDO para o Outono e realizar os Foros na primavera.

  • Acordouse promover dende a Administración a anovación da normativa en materia de xuventude.

  • Escolleuse a formación para a inclusión/discapacidade como necesidade formativa prioritaria.

  • Tratáronse as dificultades de contratación no eido do tempo libre

Proceso participativo para a elaboración dun novo decreto en materia de xuventude:

  • Elaboración dun primeiro borrador por parte da DXXV. Febreiro 2017

  • Presentación do borrador e recolla de achegas con axentes locais en Ourense, Lugo, A Coruña, Vigo e Compostela. Abril 2017.

  • Elaboración dun segundo borrador. Maio 2017

  • Consideración do segundo borrador no III Foro do Tempo Libre e achega de numerosas suxestións. Maio 2017

  • Elaboración dun terceiro borrador. Verán 2017

  • Traballo no XI INTERACTUANDO. Novembro 2017

  • Elaboración dun cuarto borrador. Decembro 2017

  • Presentación da proposta para ser convertida en texto normativo. Maio 2018


3º Foro do Tempo Libre. 27 de Maio do 2017

  • 50 persoas se xuntaron no Centro de Novas Tecnoloxías de Conxo, Santiago

  • Traballouse mañá e tarde en dous grupos: formación e actividades de tempo libre.

  • Déuselle unha boa volta ao borrador existente e creáronse dous grupos de traballo que nos meses seguintes acabaron aportando o substancial do texto do borrador que foi posteriormente traballado e sancionado no INTERACTUANDO.


XI INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE. 3, 4 e 5 de Novembro do 2017

  • 50 persoas se xuntaron no Albergue Xuvenil de Gandarío

  • Tratáronse un por un todos os artigos do borrador de decreto, nos distintos obradoiros

  • Déuselle unha volta á totalidade de artigos, facendo consensuadamente propostas de redacción definitivas

  • Todos os novos artigos foron aprobados, non sendo en materia de formación e Escolas de Tempo Libre... que é evidente que requiren de máis tempo e máis procesos.

  • Logrouse o que para algúns semellaba imposible: construír participativamente.


4º Foro do Tempo Libre. 26 de Maio do 2018

Aquí estamos 18 persoas e unha cabra.

Vimos a informar e informarnos

  • Contribuímos á cultura de participación que conxuntamente estamos construíndo, e na que todas e todos estamos convidad@s a participar. Con espazos de encontro e actitudes de escoita: nos Foros, nos Interactuandos e entre unhas actividades e outras.

  • Vimos coñecer de primeira man informacións de interese e dialogar estruturadamente con axentes do tempo libre diversos.

  • Vimos coñecer o estado da tramitación do decreto que participativamente durante o 2017 elaboramos.

  • Vimos identificar as necesidades de reflexión e traballo máis interesantes para traballar no vindeiro INTERACTUANDO.

  • Vimos definir liñas básicas para a preparación do XII INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE.

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar