QUE É INTERACTUANDO

Ante todo é un ESPAZO DE ENCONTRO do eido do Tempo Libre en Galicia. Ben é certo que poderiamos concretar máis en que consiste este espazo de encontro, e atoparnos con:

+ Un foro para o intercambio de experencias e o intercambio de coñecementos.

+  Un espazo para a formación e a aprendizaxe.

+ A oportunidade para o encontro e a convivencia.

+ Un tempo para reflexionar e vivir o tempo libre en clave educativa.

+ Unha fin de semana para achegarnos a diferentes maneiras de traballar e para tecer redes.

Mais se ti estiveches en Interactuando... aiiii... xa, estas verbas sábenche a pouco, non é? Interactuando é para ser vivenciado, así que se aínda non fuches, aproveita pra ir cando poidas!

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar