XOGOS DE MESA PARA DIVERSIFICAR OS MOMENTOS DE TEMPO LIBRE NOS CAMPAS

Xulio López

DESCRICIÓN

Neste posto presentáronse diferentes xogos de mesa, explicando a súa tipoloxía, utilidade e leváronse a cabo varias partidas cos/coas asistentes.

Algúns dos títulos presentados foron o Dixit, o Halli Galli ou o Jungle speed na súa edicion normal e Rabbit.

Todos estes xogos pertencen á tipoloxía de xogos "Filler", os cales presentan como características comúns:

  • Ter unha mecánica de xogo sencilla, explicable en poucos minutos.

  • Contar cunha duración de partida inferior a unha hora.

  • Non precisar de moito espazo físico para desenvolvelos.

  • Non requerir de moito tempo para a preparación da partida (en poucos minutos xa está todo listo para xogar).

O expositor explicou aos asistentes a gran utilidade que teñen estes xogos para conseguir unha relación máis estreita entre a equipa de monitores nun campamento; ou como ferramenta tamén para integrar a aqueles educandos das actividades de tempo libre que non rematan de engancharse á dinámica do campamento ou integrarse no seu grupo de iguais.

Tamén aportáronse datos sobre onde se podían mercar estes xogos ou en canto ronda o seu prezo.

DATOS DE CONTACTO

xuliolp@gmail.com 

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar