"TRABALLANDO NO TEMPO LIBRE"

FACILITADORAS: Carla Iglesias e Sofía Riveiro


ARTIGOS TRABALLADOS DO NOVO DECRETO

28, 29, 30, 31, 36 e 37.

DESCRICIÓN METODOLÓXICA

O venres pola tarde Sofía Riveiro encargouse de ir entrando en materia co grupo. Propuxo varias dinámicas tomando como fío condutor o monte. O obxectivo desta primeira sesión foi sentar as bases para o traballo en equipo, coñecer e coñecernos.

Exponse a forma de como se traballará durante estes días. Utilizarase o sistema de cores (verde e vermello) para reflectir o estado en que está cada artigo do decreto.

Indícase ademais, que cada sesión (mañá e tarde) se dividirá en dúas, e en cada unha delas deberá haber unha persoa que faga de secretaria voluntaria, que terá a tarefa de facer a acta da sesión correspondente.

Unha vez finalizada a explicación do funcionamento, pasouse á dinámica de presentación. Utilízase como fío condutor o monte.

Na primeira parte de dinámica, cada unha das/os participantes collerá unha folla de árbore das que están distribuídas pola aula, e nela escribe o seu nome e unha palabra que identifique coa educación no tempo libre.

Xuntámonos en dous grupos, que representan dous montes distintos e presentámonos. As identificacións da educación no tempo libre foron:

  • Divertida
  • Participativa
  • Divertida
  • Necesaria
  • Participativa
  • Fundamental
  • Humilde
  • Forma en Valores

Posteriormente, tivo lugar unha lectura do conto "Matías, o barqueiro dos neboeiros" onde afonda na necesidade de soñar. E introducimos a sesión coa idea de soñar noutro tempo libre para o país. Unha vez rematado o conto, os equipos mantivéronse como estaban para seguir traballando. Un deles ocupouse de valorar e seleccionar as "áreas de intervención do tempo libre", que foron:

  • Medioambiente.

  • Desenvolvemento persoal.

  • Social.

  • Intelectual.

  • Efectivo/emocional.

  • Moral.

  • Ed. para a igualdade de oportunidades.

  • Integración.

  • Ed. consumo responsable e uso adecuado das TIC.

Outro tema de traballo foi identificar os "tipos de actividades no tempo libre", que saíron varias divisións: Voluntariado, Asociacións, Empresas

Buscamos tamén "entidades de tempo libre" e buscouse cantas ETLs existían en Galicia, que son en total 62, distribuídas da seguinte forma:

  • A Coruña 31
  • Pontevedra 18
  • Ourense 7
  • Lugo 6

O seguinte tema de investigación, foi buscar os "regulamentos e bibliografía arredor do tempo libre educativo" polos que se rexe a educación do tempo libre. Son:

  • Decreto 50/2000
  • Certificados de profesionalidade
  • Modificación decreto 58/2012 RD 1537/2011 (31 out.)
  • Dinamización de actividades de tempo libre
  • Lei de Xuventude
  • RD 1697/2011 (18 nov.)
  • Dirección e coordinación de actividades de tempo libre
  • Convenio colectivo marco estatal de lecer educativo e animación sociocultural (07/2015)

En canto a "bibliografía" seleccionouse:

    Educar en el ocio y en el tiempo libre. Pablo Garrido Gil

    Educar en el tiempo libre: De la teoría a la práctica. Joaquín Barriga

    Libro Blanco en la Educación del tiempo libre. Jao Miralla

E por último, a distinción dos diferentes "títulos relacionados coa educación no tempo libre":

Sistema Educativo

  • Animador Sociocultural e Turístico
  • Educación Social
  • Traballo Social
  • CS Integración Social
  • CS Educación Infantil
  • TAFAD (Técnico/a de Animación en Actividades Físicas e Deportivas)
  • CAFYD (Ciencias da Actividade Física e o Deporte)
  • Maxisterio Infantil e Primaria

Xuventude

  • Monitor/a Tempo Libre
  • Director/a Tempo Libre
  • Director/a Campo Traballo
  • Traballo

  • Dirección e coordinación de actividades de tempo libre
  • Dinamización de actividades de tempo libre


O sábado pola mañá entramos en materia traballando directamente sobre os artigos do decreto, e empregamos de apoio para traballar un fondo de documentación que Sofía preparara previamente (convenio colectivo de Ocio Educativo e Educación non Formal, catálogos de formación profesional dun amplo abanico de especialidades...) ademais empregamos diferentes documentos consultados on line, como a lei de xuventude da Comunidade autónoma de Aragón, o Libro Branco...

A dinámica foi a seguinte: repartid@s por grupos de 3-4 persoas empezamos a tratar os artigos comezando polo artigo 28. Inicialmente a facilitadora responsable (Sofía o sábado pola mañá e parte da tarde, e Carla o resto do sábado pola tarde e o domingo pola mañá) presentaba o artigo en cuestión para despois pasar a debatelo en subgrupos. Primeiro chegábamos a consenso dentro de cada subgrupo, e despois poñiamos en común as conclusións.

TEMAS OU CUESTIÓNS QUE SUSCITARON AMPLO CONSENSO

Nos artigos 31, 36 e 37 (Actividades excluídas; Requisitos para o inicio de actividades de tempo libre suxeitas a comunicación previa; Requisitos para o inicio de actividades de aire libre suxeitas a declaración responsable) o consenso foi acadado rapidamente. Se ben no caso dos artigos 36 e 37 houbo que ler varias veces o contido dos textos para entender exactamente se a redacción incluída no borrador apuntaba á presentación de comunicación ou declaración responsable e en que termos, non houbo desacordo senón dúbidas.

TEMAS OU CUESTIÓNS QUE DIFICULTARON O DEBATE

O artigo 28 (Profesionais de actividades de educación no tempo libre) supuxo un bloqueo inicial ao non acabar de poñernos de acordo respecto aos profesionais de actividades de educación no tempo libre e as titulacións necesarias. De feito propúxose a realización dun catálogo e unha táboa de equivalencias polo que este artigo non quedou totalmente pechado.

No artigo 29 (Definicións de actividades de educación no tempo libre) tardamos bastante en chegar a unhas definicións satisfactorias, non tanto porque non houbera acordo, senón por chegar a unhas definicións o suficientemente claras e que non entraran en contradicións. Finalmente e tomando como referencia a lexislación doutra comunidade autónoma chegamos á súa redacción definitiva.

No artigo 30 (Tipoloxía de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil), á hora de engadir novas actividades houbo certo debate pero chegamos a consenso.

CONCLUSIÓNS E REFLEXIÓNS DO GRUPO

O grupo realizou o traballonun ambiente colaborador e dialogante, tentando tódalas partes entender tódalas posicións e circunstancias. Participaron tódolos membros do grupo e tódalas persoas tiveron voz e voto. Cabe sinalar que a pesares de haber participantes procedentes de mundos moi diferentes, chegou a haber un verdadeiro consenso e traballo en equipo.

Ao remate das xornadas a sensación era de satisfacción por termos aprobados os artigos encomendados sen maior problema.



INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar