SCOUTS DE GALICIA

ADE-Scouts de Galicia-MSC

DESCRICIÓN

Déronse a coñecer as diferentes actividades do movemento scout en Galicia na súa vertente católica.

"Scouts de Galicia - Escutismo Católico Galego é unha federación interdiocesana, aprobada pola Conferencia Episcopal Española, que reúne a perto de 500 rapaces e mozos, e a máis de 100 responsables adultos, organizados en grupos scouts. Cada un destes grupos pertence á Asociación Diocesana de Escutismo da súa diócese. Actualmente, Scouts de Galicia - Escutismo Católico de Galicia é conformado por catro asociacións diocesanas: a ADE de Santiago de Compostela, a ADE de Tui-Vigo a ADE de Mondoñedo-Ferrol e a ADE de Ourense"

"O movemento scout ou Escutismo é un movemento educativo que ten a finalidade de acadar unha educación integral dos nenos e xoves que participan nas actividades de cada grupo de xeito que unha vez rematada a súa educación no grupo sigan sendo/actuando como scouts toda a súa vida.

Por tanto, o escutismo contribúe ó desenvolvemento persoal e social dos seus membros, buscando neles persoas comprometidas co seu espacio e tempo propio, que sexan activos e críticos coa sú persoa e sociedade, e que sexan quen de transformarse e transformala activamente, unha vez analizados os seus defectos.

O escutismo tamén é un movemento aberto, con carácter político non partidista, ó que se adhire cada persoa libremente.

Os campos de actuación fundamentais son tres:

  1. O campo das crenzas, da fe.

  2. O campo do país, é decir, da localización xeográfica-social e cultural na que se atopa cada grupo.

  3. O campo do compromiso de cadaquén co propio escutismo, co entorno e consigo mesmo.

O escutismo emprega para acadar todo o anteriormente exposto un tempo que por definición podería quedar vacío, se non se enche alternativamente con propostas como a nosa, e que é o denominado tempo libre, tanto dos nenos ós que vai dirixida, como dos responsables que se ocupen da educación deles, procurando ademáis para isto unha convivencia responsable e respetuosa coa natureza.

Para acadar asimesmo todo o anteriormente exposto contamos cun instrumento de traballo: o método, que é o instrumento por medio do que os educadores poñemos en práctica os nosos obxectivos educativos. O método ten un carácter de auto-educación progresiva, e desenvólvese de xeito diferente dependendo de cada etapa evolutiva dos nenos (de aí que teñamos unha adaptación do mesmo segundo as pólas) e ademáis aséntase sobre unhas bases que conforman un conxunto de elementos interrelacionados denominados Dinamismos".

DATOS DE CONTACTO

adesantiago@scoutsgalicia.org 

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar