O TEMPO LIBRE E/É O XERMOLO DUN GRUPO SCOUT

PONENTE: ADRIÁN RODRÍGUEZ

INTRODUCIÓN

VOLUNTARIADO

O voluntariado enténdese como o conxunto de acción de interese xeral e carácter solidario que unha persoa asume de forma libre e sen contraprestación económica o material.

Ademais dos seus propios deberes e obrigas adica parte do seu tempo de forma desinteresada a actividades a favor dos demais.

COMPETENCIAS

Unha persoa voluntaria ten que ser solidaria, xenerosa, comprometida, responsable, participativa, contribuir a causas xustas, respetar os dereitos e a comunidade os igual que buscar o desenvolvemento da mesma, e sobre todo querer facer do mundo un lugar mellor.

AS PERSOAS VOLUNTARIAS

Desenvolven, incorporan e aprenden para favorecer a empregabilidade dos/as mozo/as.

O proxecto RECONOCE quere acreditar estas aprendizaxes.

O VOLUNTARIADO COMO PROCESO EDUCATIVO

A mocidade é unha etapa vital madurativa e dúctil.

O voluntariado é un espazo para aprender habilidades desde a práctica.

É un proceso transformador que arraiga e incorpora estas habilidades á forma de vivir, de pensar e de sentir.

O Voluntariado se desenvolve nun entorno real de traballo e ocupa un espazo de aprendizaxe.

O VOLUNTARIADO COMO PROCESO EDUCATIVO

Para entender como podemos aprender dende o voluntariado, o círculo da aprendizaxe de KOLB (1984) esquematiza este proceso por medio dun modelo en forma de roda, establecendo un ciclo de 4 etapas. E ven a explicarnos como as experiencias que o mozo adquire no voluntariado incorpóraas no seu modo de afrontar a realidade e poñeraas en práctica sempre que lle sexan útiles e adaptativas extrapolándoas a distintas situacións.

DESCRICIÓN

Dende o proxecto RECONOCE pretendemos artellar unha rede estatal de organizacións que impulsen o recoñecemento das competencias e habilidades, obtidas a través da acción voluntaria e que melloran a empregabilidade das mozas/os.

OBXECTIVOS DE RECONOCE

  • Poñer en valor a experiencia do voluntariado que participa no ámbito do tempo libre educativo.

  • Sensibilizar ó tecido empresarial e á sociedade en xeral sobre as competencias adquiridas mediante o voluntariado.

  • Mellorar a empregabilidade xuvenil.

ENTIDADES PROMOTORAS

  • Confederación de CCXX Don Bosco.

  • Federación DIADANIA.

  • ASDE- scouts España.

Somos 3 entidades afíns, de ámbito estatal, caracterizadas por traballar o ámbito do Ocio e Tempo Libre Educativo e a promoción do voluntariado nas nosas actividades. Aglutinamos en todo o estado preto de 15.000 persoas voluntarias. Contamos co apoio e participación do INJUVE.

AS LIÑAS DE ACTUACIÓN

  • Estudo sobre a situación xuvenil e o emprego en España

  • Sistema online de acreditación non formal da acción voluntaria

  • Rede de organizacións RECONOCE

  • Campaña de sensibilizaciónno sector empresarial

  • Mesas de diálogo con administración e organizacións xuvenís

ESTUDO SOBRE A SITUACIÓN XUVENIL E O EMPREGO EN ESPAÑA

O estudo permitiunos por un lado fundamentar Reconoce:

  • Perfil do voluntariado xuvenil.

  • Situación laboral dos mozos/as voluntarios e voluntarias.

  • Principais competencias adquiridas mediante a acción voluntaria útiles para a empregabilidade.

E por outro dar operatividade a Reconoce:

  • Construcción do Catálogo de competencias.

  • Decisión de implementrlo en App/web.

CONCLUSIÓNS A DESTACAR DO ESTUDO

  • O desemprego nos mozos/as voluntarios/as é mais baixo que no resto de mozos/as → O voluntariado fai mais atractivo o CV como experiencia real de traballo contrarrestando a carencia de experiencia remunerada.

  • Poñer no CV a experiencia de voluntariado e destacalo na entrevista axuda a atopar emprego → O voluntariado xuvenil é un elemento útil para competir nos procesos de selección.

  • As competencias transversais que se adquiren no voluntariado son das mais valoradas polas empresas → O voluntariado ocupa un espazo extracurricular de aprendizaxes que a educación formal non cubre de todo e que as empresas valoran.

O CATÁLOGO DE COMPETENCIAS

Reconoce está composto de 12 competencias distribuidas en 3 grupos principais:

O CATÁLOGO DE COMPETENCIAS RECONOCE

  • Colaborativo e consensuado: negociación, tacto e prudencia, traballo en equipo e comunicación interpersoal.

  • Capacidades para diferentes dominios e contextos: flexibilidade técnica e persoal, organización e planirficación, liderar iniciativas e flexibilidade (adaptación).

  • Multifuncionais, transversais, transferibles: optimismo e entusiasmo, capacidade de aprendizaxe, iniciativa e autonomía e analizar e resolver problemas.

O SISTEMA DE ACREDITACIÓN RECONOCE

Permite a acreditación non formal das competencias transversais do voluntario/a a través de:

  • Web. Medio de difusión para a Rede e espazo de formación para os/as Avaliadores/as.

  • App. É o soporte on-line accesibel para os actores implicados no proceso de avaliación e acreditación, organizándoo y estructurándoo:

      1. Requisitos e garantías das Entidades Reconoce.

      2. Autoavaliación do Voluntario/a.

      3. Avaliación do Avaliador/a.

      4. Supervisión e contraste do Auditor/a.

ORGANIZACIÓNS RECONOCE

  • Empresas RECONOCE: Son as empresas que recoñecen as competencias do voluntariado e colaboran coa Rede.

  • Entidades RECONOCE: Son as entidades que participan do proceso de Acreditación.

  • Entidades COLABORADORAS: Son as que respaldan Reconoce.

LIÑAS DE ACTUACIÓN

CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN CO SECTOR EMPRESARIAL: Dar a coñecer e concienciar aos posibles empreadores as competencias e habilidades adquiridas mediante a acción voluntaria.

MESAS DE DIÁLOGO: Para iniciar o camiño hacia o recoñecemento mais oficial das competencias mediante mesas de diálogo con administración, organizacións xuvenís e empresariado.

CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN CO SECTOR EMPRESARIAL

A naturaleza experimental dos aprendizaxes no entorno da acción voluntaria ten vantaxe para o desenrolo competencial.

O 70% do talento alcánzase grazas á experiencia e o 10% grazas ao aprendizaxe formal.

Estas experiencias o/a mozo/a as adquire e incorpora no seu modo de afrontar a realidade e as porá en práctica sempre que lle sexan útiles e adaptativas; extrapolándoas a distintas situacións.

Os entornos de voluntariado son de forma natural, o que a empresa chama e está creando para os seus empregados/as, «Centros de Creatividade para o liderazgo».

SON REDE RECONOCE ENTIDADES

    www.perfilentidad.reconoce.org

    www.plandevoluntariado.reconoce.org

    www.codigoetico.reconoce.org

    www.perfilevaluador.reconoce.org

PRESENTACIÓN EMPREGADA NO PANELdescarga

DATOS DE CONTACTO

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco

Páxina web: www.reconoce.org

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar