MERGULLÁNDONOS NO CAMIÑO DO TEMPO LIBRE

Somos Tempo Libre

DESCRICIÓN

Esta experiencia propón ás persoas participantes mergullármonos no camiño do tempo libre. No camiño do tempo libre atopamos moita cousa boa (momentos máxicos e inesquecibles, espazos de transformación e crecemento, importantes oportunidades...) pero tamén obstáculos e problemas (convenios que non se cumpren ou que non se axustan á realidade, decretos que non abranguen a totalidade do sector, malas experiencias, momentos nos que faltan as ferramentas, etc.).

Por iso, mentres camiñamos, atopamos un "lume" que é, en certa maneira, purificador. Alí imos "queimar" todas esas cousiñas que nos gustaría mudar. O que non funciona, o que non vemos, o que pensamos que tería que ser diferente.E, seguindo o camiño, imos dar coa fonte dos desexos. Logo de queimar o que non serve, faremos propostas de mellora, de cambios, de transformacións posibles.

Todo isto -pensamos- é Somos Tempo Libre. Un espazo útil para:

  • Contribuír á posta en valor do tempo libre dende todas as perspectivas en tanto que sector fundamental para a educación en valores, integral e transformadora.

  • Visibilizar a importancia do tempo libre educativo para o desenvolvemento persoal das participantes e para a construción de sociedades máis inclusivas, democráticas e solidarias.

  • Promover a participación activa nos espazos de traballo, reflexión e decisión en torno ao tempo libre dos distintos axentes implicados no sector.

Ao fin, un camiño que facemos xuntas para loitar, mudar e transformar. Con este "posto" da feira, queremos invitar ás persoas participantes a coñecelo, a recibir información se así o desexan e -aínda máis- a dar o paso adiante para acompañarnos.

DATOS DE CONTACTO

somostempolibregalicia@gmail.com

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar