PANEL DE EXPERIENCIAS

"INTERCAMBIOS XUVENÍS EUROPEOS A TRAVÉS DO PROGRAMA ERASMUS +"

PONENTE: Julio Varela García

OBXECTIVO

Expoñer as características principais dun intercambio xuvenil europeo, á vez que se explica unha experiencia concreta.

EXPERIENCIA

Un intercambio xuvenil europeo enmárcase dentro da Acción Clave 1 do programa de mobilidade europea Erasmus+. Adoitan participar nela persoas de entre 13 a 30 anos, con acompañantes, e céntranse en temáticas que se corresponden co que propón a propia Comisión Europea. Os intercambios europeos ofrecen moito máis que unhas vacacións e iso, a xente que participan, sábeo.

Desde 1993 véñense facendo actividades entorno ós intercambios xuvenís, sobre todo, desde CIRLA, con aquel irmanamento do Concello de Lalín co municipio francés Lalinde. Xa teñen participado ata agora neste tipo de intercambios máis de 150 mozas e mozos lalinenses.

REFLEXIÓN

Os intercambios xuvenís aportan "pluses" únicos, como poden ser: a implicación da poboación local; as temáticas adaptadas ás necesidades e intereses do territorio; o grupo de socios estables que favorece a comunicación e a burocracia; o relevo xeracional; a formación para as persoas voluntarias; e os lazos que se crean.

Ademais, despois dos intercambios, a aventura continúa, coa difusión dos resultados obtidos; como mellora nas competencias lingüísticas; co enganche no desenvolvemento de novas iniciativas xuvenís.

En definitiva, os intercambios xuvenís europeos organizados por CIRLA foron para moitos/as o impulso para gañaren autonomía, amplar seus horizontes e buscar novas experiencias vitais.


DATOS DE CONTACTO

Julio Varela García

Comité de Irmanamento de Lalín

cirla.asc@gmail.com

VOLTAR A PANEL DE EXPERIENCIAS 2016

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar