SESIÓN INAUGURAL XII EDICIÓN

2018: UN PUNTO DE INFLEXIÓN

FACILITADO POR: Brais Fernandes Álvarez

DESCRICIÓN

Sesión a modo de círculo, con zonas diferenciadas para os distintos axentes, segundo a súa participación na Campaña de Verán 2018:

  1. Administración.

  2. Empresas que concorreran.

  3. Monitorado.

  4. Alle@s á Campaña, público.

Sesión con 2 partes:

  • Reconstrución de feitos e contraposición de relatos.

  • Diálogo, construción de relato.

Seguindo un guión preestablecido vaise dando a palabra aos distintos axentes.


SESIÓN INAUGURAL ANEXO TRANSCRICIÓN

FACILITADOR Este ano 2018 foi un punto de inflexión no Tempo Libre. Aconteceron moitas cousas. Cousas que xa veñen de atrás, non son flores dun día. Este ano houbo unha especie de sacudida no sector. E a quen máis e a quen menos, movéronselle a todo o mundo as tripas. E por que? Porque a Campaña de Verán que todos os anos parece que é sempre igual, este ano tivo algunhas cousas, que cambiaron un pouquiño. Iso fixo que de Xuño a esta parte se falase moito da Campaña de Verán.

E miramos que había moitas visións, moitas versións distintas do que estivera acontecendo e do que aconteceu, pareceunos que o máis adecuado era podermos falar desta Campaña de Verán 2018.... sabendo que xa estamos no outono, que o verán xa acabou, que os movementos de tripas de durante a primavera, xa acabaron. E, que a Campaña -sempre poden saír as cousas mellor e tal- pero a Campaña aconteceu satisfactoriamente.

Cadaquén sabe o que sachou, sabe o que lle tocou, sabe o que sofreu ou o que celebrou.... pero en conxunto podemos dar a Campaña por feita. Agora queremos falar cun pouco de perspectiva, cun pouco de tranquilidade. E sabemos que, moitas veces, estes momentos para falar con tranquilidade, son os que nos faltan, os que non acontecen...

E iso é o exercicio que vimos facer hoxe aquí. Non é nin para botar flores, nin para lanzar puñais. Senón simplemente para que nun foro -e entendemos que o INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE é o espazo que debería posibilitar isto- nun foro se poidan falar as cousas.

A idea da dinámica coa que queremos iniciar INTERACTUANDO 2018 é desta maneira: estamos tod@s ao redor deste círculo, e a idea é que todas as persoas que estamos aquí neste círculo poidamos intervir. Cadaquén dende o seu Eu, cadaquén dende a súa versión e visión e o rol que xogou -ou que está xogando- neste proceso.

Iniciaremos facendo unha especie de pequena retrospectiva. Volveremos a hai un ano, cando estabamos aquí no INTERACTUANDO. E a Dirección Xeral iranos comentando como foron os procesos para ir configurando -dende o INTERACTUANDO 2017- como foron concibindo a Campaña do ano seguinte.

A partir de aí iremos intentando facer unha reconstrución cronolóxica dos feitos, do que aconteceu, de maneira que poidamos chegar até o remate da Campaña.

Hai tres axentes que queremos que falen: por un lado, a Administración; por outro lado, empresas, está tamén o monitorado que participou na Campaña de Verán; e despois está a Sociedade Civil.

(gargalladas)

A idea é que esta sesión teña dúas partes. O comezo será una reconstrución dos feitos por parte dos axentes que participaron. Intentando aportarmos información e non entrar demasiado en debates cruzados, e despois, ao remate, a Sociedade Civil vós podedes facerlle as preguntas que queirades a cada un dos axentes. A partir das cuestións que presente a Sociedade Civil falamos todos e todas ordenadamente. De acordo?

FACILITADOR Ímoslle dar a palabra á Dirección Xeral de Xuventude

JOSE Bos días, son José Antonio, son Xefe de Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo. Vou, en nome da Dirección Xeral, facer un pequeno relato do que foi o tránsito da Campaña anterior (ou de onde vimos, das campañas anteriores ao 2017) e o cambio que se produciu nesta Campaña 2018, ao abeiro da tramitación do procedemento de licitación pola lei nova de contratos (que se publicou en Novembro de 2017 e entrou en vigor en Marzo de 2018).

Antes de nada, quixera aproveitar, xa que estamos aquí administración e monitor@s que participan e participaron noutras campañas, dende a Administración e en particular dende a Dirección de Xuventude, participación e voluntariado, pois dar as grazas a todo o mundo que participa, e que se implica e que se esforza durante a execución da Campaña de Verán: monitor@s, persoal directivo, coordinadores/coordinadoras, persoal técnico, persoal de enfermería, socorristas, etcétera, que sen tod@s eles, sen tod@s vós, sería moi difícil sacar adiante a Campaña de Verán. De feito, sabemos dende a DX e sabemos dende os Servizos que xestionamos e que estamos pendentes dos nosos campamentos, sabemos do traballo e implicación que sempre hai. Por iso, antes de nada, agradecervos a profesionalidade, e nesta, como en todas as campañas, as achegas, suxestións, etcétera.

Como sabedes, a planificación da Campaña de Verán foi obxecto de varias transformacións nos últimos anos. Pasando dende o anterior ao 2016 cunha valoración de proposicións que se presentaban polas empresas, que presentaban o seu proxecto, coa súa programación e o seu cronograma etcétera. Ata os anos pasados, e dende o 2016 e 2017 en adiante cambiáronse os pregos e as condicións da Campaña e pasouse a valorar aspectos basicamente cuantitativos, apreciables de modo obxectivo e matematicamente. Foi pasar dun sistema de valoración subxectiva no seu momento puntuando proxectos dende na mesa de contratación, coa dificultade que tiña, en calquera caso non exento de polémicas (empresas que consideraban que tiñan o mellor proxecto, outra que tiñan outro mellor proxecto, etc etc) sempre había que valorar criterios subxectivos ou cualificables e... facíase moitas veces complicado. Sempre había algunha crítica, evidentemente, e tamén propostas construtivas!

Facíase fincapé no sector do Ocio e Tempo Libre o feito de que a Campaña de Verán se desenvolvese -cando cambiamos o procedemento- tendo en conta o criterio fundamental do prezo, cunha programación que xa estaba recollida nos pregos. Ë unha cousa que se comentaba bastante e criticábase polo tanto que isto podía supoñer unha menor calidade do servizo, unha precarización das condicións laborais e salariais d@s traballador@s, porque moita xente podía entender que esa baixada de prezos para que as empresas accedesen ao contrato podía repercutir evidentemente nos gastos de persoal, no que se lle pagaba aos equipos técnicos. Evidentemente, a Dirección Xeral escoitou todas estas cousas, recolleunas e buscouse intentar atopar un punto de equilibrio entre un procedemento de adxudicación que xa era totalmente obxectivo (valorando as ofertas económicas e valorando as achegas de persoal d@s monitores a maiores que se incorporaban nos lotes). Pois tratábase de buscar ese punto de equilibrio para garantir unha Campaña de Verán dunha calidade digna -ou da mellor calidade- entendendo na, medida do posible, as reivindicacións dos profesionais do sector.

Polo tanto, neste sentido cando se cambiou do procedemento anterior ao 2016 ao que foron os novos pregos e a nova contratación do 2016 e 2017, intentáronse manter os importes de licitación e incluso o aumento nalgúns lotes ese importe -para darlle unha contía en termos xerais digna para que as empresas puidesen facer unhas boas propostas- e partir dun orzamento de licitación que permitía garantir na medida do posible a calidade da Campaña, a calidade dos campamentos en función das licitacións que se adxudicasen.

Todas estas suxestións, todas estas propostas por desgraza en moitos casos non foron adiante porque a Administración ten as súas rixideces evidentemente e todas estas ideas de tutelar ou de protexer no ámbito laboral o persoal contratado etcétera, ata a aparición da nova lei de contratos pois practicamente era considerado dende o asesoramento xurídico da propia Xunta como unha inxerencia nas condicións laborais dos traballador@s. Unha inxerencia na que non nos debiamos dende a Administración meter, tendo en conta que son condicións que tiñan que ser pactadas entre empregador e empregad@s.

Nestas e noutras cousas estabamos, ata que de súpeto chegou a nova lei de contratos, a 9/2017 do 8 de Novembro, que supuxo a revisión e a modernización das normas de contratación pública, e que incluía importante novidades que en principio están dirixidas a introducir cambios tanto no procedemento de licitación, no caso de optar por tramitar o contrato ao abeiro desta lei, que finalmente entrou en vigor o 9 de Marzo de 2018. Esta Lei é consecuencia da transposición de dereito comunitario, tres directivas do ano 2014 que necesariamente tiñamos que traspoñer ao dereito español, e que se plasmou neste texto.

A Lei sobre o papel pintaba moi ben. Entre outros, os obxectivos da nova lei eran en primeiro lugar unha maior transparencia na contratación pública, e en segundo lugar -di explicitamente a exposición de motivos da Lei- conseguir unha mellor relación calidade-prezo. En relación a este obxectivo da mellor relación calidade-prezo, por primeira vez se establece a obriga dos órganos de contratación de velar para que o deseño dos criterios de adxudicación permitan obter os contratos de obras, suministros, servizos...como neste caso o servizo da Campaña de Verán. Obtéñense servizos de "grande calidade", en contrato fai esa mención á "grande calidade" que é o que na medida do posible hai que buscar. Para buscar esa calidade, fai fincapé na inclusión necesariamente de aspectos de carácter cualitativo no ámbito medioambiental, social, de innovación... Precisamente esta posibilidade de esixir criterios sociais e laborais concretos, entre outros aspectos positivos da nova regulación contractual, foi o que animou á Dirección Xeral para iniciar a tramitación do proceso desta última Campaña 2018 ao abeiro da nova lei do 2017. Sabendo, iso si, que ía entrañar moitísimas dificultades, porque ía supoñer confeccionar uns novos pregos tanto administrativos como técnicos. Os administrativos teríamos que os adaptar á nova lei de contratos e ás súas disposicións, e os técnicos tamén os tiñamos que renovar e revisar para incluír moitas novidades.

A nova normativa camiña na dirección da simplificación dos trámites -en principio tamén era unha avantaxe que queriamos aproveitar, coa tramitación do procedemento de xeito máis simple-. Fala de mellorar o acceso das pequenas e medianas empresas á contratación, cun proceso de licitación máis simple, con idea de reducir en principio cargas administrativas -tanto por parte dos operadores económicos como o mesmo órgano de contratación-. Neste sentido hai medidas como a incorporación do novo modelo de declaración responsable, que se axusta a un modelo único de declaración a nivel europeo. Por exemplo, libera a necesidade en primeira instancia de presentar moitísima documentación, que só se vai revisar finalmente en relación co licitador que resulte adxudicatario. E outras cuestións como non esixir a garantía provisoria, que en principio a nova lei determina que non é necesaria, salvo excepcionalmente. Tamén como novidade, facilita a maior concorrencia, o feito de que se poida limitar o número de lotes, como fixemos precisamente nesta última Campaña: limitar o número de lotes aos que os licitadores se poden presentar ou limitar o número de lotes dos que cada empresa pode resultar adxudicataria. Así se facilita ou permite que haxa maior número de empresas que poidan acceder á execución dos lotes da Campaña. Introdúcense tamén normas máis estritas tanto en beneficio das empresas como dos traballador@s, de feito endurécense as disposicións en relación coas ofertas anormalmente baixas, que en principio serían rexeitadas se unha vez tramitado o procedemento se comproba que son anormalmente baixas porque non cumpren as obrigas en materia medioambiental, social ou laboral... Por tanto, permitíanos meternos xa -o que non permitía a lexislación anterior, polo menos de xeito expreso- meternos nesa posibilidade de tutelar dalgún modo as condicións salariais e laborais.

E bueno, estes criterios son ademais obxecto necesariamente de incorporación aos contratos a partir da entrada en vigor da nova lei de xeito preceptivo e transversal no conxunto da contratación. Ademais, algún destes criterios -medioambientais, sociais, laborais...- necesariamente teñen que incorporarse aos pregos como condición especial de execución. Unhas condicións especiais de execución que implican que os adxudicatarios como contratista ten que cumprir con esas obrigas e en caso contrario automaticamente se lle imporían as penalidades previstas na lei -que están recollidas- ou incluso se lle pode dar carácter -a estas condicións especiais de execución- de obrigas contractuais esenciais, podendo incluso resolver o contrato. Non é algo evidentemente que se queira, sobre todo neste tipo de contratacións que son de execución inmediata atopariámonos cun problema; por tanto o básico sería introducir esas penalidades para resolver os conflitos.

Introducir como condición especial de execución o cumprimento do convenio colectivo sectorial de aplicación -que se introduce nos pregos da Campaña- supón que as empresas teñen que garantir por tanto o nivel legal de retribución d@s traballador@s e cubrir ese mínimo de custos salariais, que a nova lei ademais obriga a desglosar no orzamento de licitación: o custo salarial do persoal adscrito ao contrato. Indica tamén que necesariamente que dende a Administración Pública é preciso analizar e facer seguimento deste cunprimento, xa que está recollido nos pregos e hai unhas estimacións deses custos que se inclúen nesa condición especial de execución, por tanto non só se inclúe a nivel teórico senón que, unha vez que está recollido, estamos obrigad@s a tutelalo, a comprobalo. Polo tanto incluso está condicionado o pago ás empresas por parte da Administración a estas circunstancias: a comprobar efectivamente que se cumpre con estes criterios e con estes requisitos. En caso contrario, a posibilidade de impoñer penalidades en caso de incumprimento.

Estas e outras consideracións foron tidas en conta para tomar a decisión finalmente. Unha vez analizadas estas posibles avantaxes, que respondían dalgunha maneira e algunha destas reivindicacións, suxestións e reclamacións que se facían dende o sector, e bueno, foron tidas en conta por tanto para tomar a decisión de iniciar o proceso de contratación coa nova Lei de Contratos que entrou en vigor o 9 de Marzo. Claro, tivemos que esperar iso si. Fixemos o traballo previo pero esperamos a esa entrada en vigor para poder lanzar evidentemente eses novos pregos. Xa digo, foi traballoso, ademais penso que na Xunta debemos ser os primeiros... ou a nivel estatal... e non había modelos nin estatal nin a nivel comunitario nin a nivel ningún, e houbo que partir practicamente de cero. Xa tiñamos feito o traballo previo, pero bueno, todo iso tivo que ir á asesoría, intervención... para asesoría tamén isto era novo, para intervención tamén, e polo tanto houbo que pactar textos, pactar cuestións, ata que finalmente a asesoría e intervención non deu orde aos pregos informados favorablemente, pois todo se dilata, non?

Esta Campaña ao abeiro da nova lei supuxo o cambio da natureza do contrato, que tiña natureza administrativa especial previamente e pasou a ser agora definitivamente un contrato de servizos. Un contrato de servizos puro e previsto na Lei, e ademais o importe está tamén suxeito a regulación harmonizada, por tanto tivo que ser obxecto de publicación a nivel comunitario, no Diario da UE etcétera e tramitado baixo este procedemento de regulación harmonizada.

A pesar de que se tramitou tamén o que foi o contrato por procedemento de urxencia -a lei permíteo por necesidade de interese público, por necesidade inaprazable- e tiramos por aí para reducir os prazos, pois o procedemento urxente permite reducir prazos á metade practicamente, e cada minuto neste sentido contaba. Finalmente conseguiuse publicar a licitación e a participación das empresas. Aínda que os prazos ían xustos, non iamos sobrados efectivamente, parecía que finalmente permitiría chegar a iniciar a Campaña con certa normalidade, polo menos polo que sería ao inicio da execución, para @s nen@s iniciar o día 1, os prazos parece que ían dar en principio a pesar de todos os apuros e todas as novidades. Pero bueno, os maiores problemas aínda estaban por chegar, posto que logo houbo que analizar as proposicións, unha vez que as empresas presentaron esas proposicións, e bueno, na aplicación do artigo 201º da Lei de Contratos para comprobar o cumprimento das obrigas laborais como condición especial de execución, que tiñamos evidentemente que comprobar pois resultou como coñecedes que nunha primeira instancia quedaron desertos dez dos trece lotes. Isto obrigounos finalmente a tramitar un novo procedemento, neste caso negociado, tamén urxente, para cubrir eses lotes e tramitar ben os pregos.

Todas estas dificultades supoño que a maioría da xente xa as coñece.

E bueno, esta é un pouco a visión do que é o procedemento, o traballo interno despois de adoptar unha decisión que foi optar pola nova lexislación, máis que nada para tratar de mellorar e de romper con esa idea de que non se escoitaba a reivindicación d@s traballador@s, do monitorado, dos equipos, que era simplemente un prezo o que se buscaba e... bueno... non podíamos antes e pensamos que con esta nova lei si que se podería incluír un criterio social para poder facer esa mellora. E bueno, tiramos por aí. O máis cómodo tería sido evidentemente... xa tiñamos os pregos dos anos anteriores... volver a sacalo en tempo e forma antes do 9 de Marzo, como fixo o común dor órganos de contratación do país, saturando o DOGA e todo para sacar todos eses contratos antes dese 9 de Marzo.

Tomamos esa decisión. Foi arriscada, si que foi arriscada. Finalmente parecía que ía saír todo ben, pero, non contabamos... Tampouco é culpa exactamente de ninguén, porque foi un cambio importante. Un cambio dende a nosa posición e un cambio evidentemente para as propias empresas que encontraron esa licitación, que cambiaba un pouco: había unha valoración duns custos e... foi se cadra un pouco sorpresiva e de aí que houbese tamén esa consecuencia de ter que declarar desertos eses dez lotes.

FACILITADOR Apareceron novos pregos. E como reaccionaron as empresas?

ANTONIO Eu son Antonio, de AXIÑA servizos deportivos, e fun a empresa que se presentou e ...

UNHA VOZ ...e que aprobou á primeira.

(gargalladas)

ANTONIO ... que aprobou á primeira. É moi significativo, quería dicilo aquí tamén, que facía moitos anos que nos estabamos presentando, cos mesmos custos, sobre todo en persoal, e que non nos explicábamos como podían ir outras empresas a uns custos menores que os que nós tiñamos só de persoal. Sempre perdíamos. Nunca gañamos, salvo este ano. Este ano tivemos a sorte de facer o que outros anos, pero parece que este ano alguén se preocupou de mirar esas cantidades, que si que son importantes porque se non tés esa cantidade despois non podes cumprir... sobre todo o gasto maior deste servizo é persoal. Entón, se non podes cumprir con persoal, non te podes presentar, e se te presentas vas ter moitos problemas.

Entón, eu non sei moi ben o que pasaba antes. Sei que nós presentabamos e sempre iamos cuns custos moi superiores aos doutras empresas, e falaba con toda a miña xente -xestoría...-, "como poden facer os demais?". Se temos un convenio que nos rexe... Todas temos que partir do convenio! Despois se pos mellor ou peor material, ou se xa o tés, e despois o beneficio que queiras aplicar. Pero tod@s temos que partir dos mesmos custes salariais. E cando iso non me saía, pois eu claro, algún ano xa nin sequera nos presentamos porque xa sabiamos que era a dinámica esa.

Este ano, que saíu coa nova lei, que aínda enriba tivemos a "sorte"... Digo sorte porque está aquí a persoa que leva a empresa que fixo unha consultoría e que dixo que os nosos cálculos estaban ben e que con eses cálculos si que se lle podía pagar á xente o que estaba por convenio, e así o fixemos.

O que pasou na segunda adxudicación pois eu a verdade e que estiben ao meu e non me preocupei muito do que pasou, sinceramente. Sei que houbo outras empresas, que gañaron máis de tres lotes, pero non sei... nin o sei e nin sequera me importa porque eu fixen o meu e intentei facelo grazas aos monitor@s e director@s que están eiquí. Penso que todo o mundo saíu contento. A empresa saíu contenta porque fixo creo que un bo traballo.Teño que dar a noraboa aos traballador@s que fixeron un bo traballo. Tamén hai que dicir que a Xunta xa pagou a día de hoxe, que iso é importantísimo porque se eles atrasan a empresa ten que adiantar os custos. Bueno pois iso tamén hai que dicilo eiquí. Ningunha empresa pode dicir "é que a Xunta non nos paga, por iso repercutimos", ademais sempre lle toca aos mesmos, non é?, en quen vai repercutir... Se todo funciona como unha cadea pois debe funcionar ben. E de cara ao ano que ven, eu teño as miñas melloras que podemos aportar, e supoño que o resto de empresas deberían ter tamén muitas. Bueno, para iso estamos. Eu basicamente, como son novo, para escoitar e para aprender de cara ao ano que ven. As inquietudes que este ano xa nos trasladaron moitas @s monitores, e dou grazas, porque así tamén vou aprendendo. Tamén aprendín dos procedementos e tal, e estou encantado. Evidentemente con ganas de mellorar.

FACILITADOR Presentáronse as propostas. Que pasou con esas propostas?

PEPE Ola, eu son Pepe, son xefe de servizo de participación xuvenil, e normalmente tiña pouco que ver coa Campaña de Verán, porque o que levo eu toca incidentalmente no caso dos monitores en prácticas, pero no procedemento de contratación non tiña a verdade nin idea. Entón este ano, como outra das novidades da nova lei é separar as funcións de elaboración dos pregos , que iso o ten que facer unhas persoas dentro da Administración, e como membros da mesa de contratación outras persoas distintas. Que as mesmas persoas non estean como elaboradoras dos pregos e como membros da mesa. Son dúas funcións totalmente distintas e para salvar supoño que a imparcialidade.

Tocoume este ano, precisamente, que me dixeron todo dios "isto é moi fácil"

(gargalladas)

"É un trámite. Vas alí como secretario, tomas nota, non sei que, mandas unhas convocatorias..."

(gargalladas)

E de repente, na segunda sesión... A primeira pois foi normal: abríronse os sobres de contratación administrativa e todo correcto. E o segundo, en principio tamén, porque tampouco tiñamos na idea... Este ano tamén se estableceu nos pregos por primeira vez unha estimación -bueno, era algo obrigado- unha estimación dos custos do contrato. Custos estimados que poden ser menores os que teñas ao final, pero aproximados, e tamén desglosados: laborais por unha parte, material por outra, beneficio empresarial por outra... Entón -isto non o tiñamos en principio presente cando abrimos as ofertas- e fomos vendo as ofertas, fomos apuntando e tal. E fixemos cálculos, e entón saían unhas empresas adxudicatarias... normal... e dixemos, pois xa está. Comprobamos se había ofertas anormalmente baixas, que hai uns criterios obxectivos que din: se hai unha oferta que baixa unha porcentaxe respecto á media de todas as ofertas pois é anormalmente baixa e por tanto temos que pedirlle a xustificación de por que é anormalmente baixa e se incumpre a xustificación non é suficiente podemos excluíla. Que pasa? Que non había. Só houbo dúas ofertas anormalmente baixas pola simple razón de que a maioría das ofertas eran moi baixas. Entón, cando se fixan os criterios nos pregos, e sempre se fixo así, de cando unha oferta é anormalmente baixa, fíxase con relación a unha media. É dicir, se as ofertas son así (acena arriba) e hai unha que é así (acena abaixo) entón esa oferta será anormalmente baixa. Pero se todas as ofertas son máis ou menos así (acena arriba) e outras un pouco menos (acena no medio), pois ningunha vai ser anormalmente baixa. Se son similares todas, sexan altas ou sexan baixas, é case imposible que haxa unha oferta anormalmente baixa.

Entón, alguén se deu conta cando estabamos vendo, e dixo "aquí o que pasa é que, por exemplo, no lote 1, a estimación que nós fixemos dos custos laborais son ponlle que 85.000€, e entón vimos a oferta global -oferta global que é oferta cos custos laborais, máis material, máis beneficio empresarial, máis outros gastos, etcétera- e era ao mellor dez mil euros ou quince mil euros inferior unicamente ao custo de persoal. Entón dixemos, non é anormalmente baixa pero, que facemos con isto? E aí había dúas alternativas: unha era a máis cómoda en principio, pero que podía dar moitísimos problemas na execución, que era adxudicar. Non tiñamos por que facer outra cousa. Adxudicar o que nos saía, polo que fora a mellor oferta e tal, e despois, como a partir deste ano si podemos controlar na execución quen incumpre as condicións laborais... sabendo que se van incumprir as condicións laborais! Porque é imposible que con esa oferta que se cumpran... Entón, que ía pasar? Que entendemos que @s monitores non ían estar mellor ca outros anos, porque os cartos da oferta non eran suficientes, vaia. E por outra parte que ás empresas seguramente se lles ían impoñer penalidades, ou non pagarlles tanto, ou... era problemas para as empresas, era problema para nós e era un problema para @s monitores. Entón a segunda opción que vimos era, tamén unha novidade desta lei, que tampouco ninguén aplicara. Nos vímolo e miramos sentencias por internet, a ver se alguén dicía algo deste artigo, se se podía aplicar ou non se podía aplicar, que é o artigo 201º da lei. Que o que di é que no caso das ofertas anormalmente baixas si que tés o deber de pedir unha xustificación, e no caso de que non sexan anormalmente baixas pero ti queiras, tés a potestade en calquera momento do procedemento de licitación de comprobar, ou de pedirlle información a esas empresas para comprobar se realmente van cumprir esas condicións laborais. Non é algo obrigado, que nós teñamos que facer, pero é algo que como novidade dá esa potestade para solicitar.

Entón o que fixemos foi pois... vámoslle pedir a todas as empresas que nos desglosen e que nos expliquen que descansos vai haber, que vacacións vai haber, que indemnizacións, que salarios, como se van organizar, é dicir, todas as informacións para saber se se ía cumprir. E nós aí esperábamos que habería empresas que non o ían poder xustificar pero outras que si. Entendíamos que algunhas ían saír excluídas, pero non ía haber ningún problema porque non se ía declarar deserto ningún lote. Iso nunca o pensamos. Entón pedimos un informe. Despois desa`petición de xustificación sempre hai que pedir un informe, e máis neste caso, porque @s funcionari@s que estamos aí non somos expertos en materia laboral. E ou ben pedías un informe aos servizos de emprego da Xunta, ou ben a unha entidade externa independente e que controlara de materia laboral. E isto foi o que fixemos. Pedimos autorización para pedir este informe e, cando nos chegou o informe pois eh a través dunha motivación chegaba a unha conclusión, a de que só unha empresa, que era Axiña, cumpría todas as obrigas laborais. E as outras empresas máis ou menos, hai empresas que incumprían moito e hai empresas que incumprían pouco, pero unha vez que pides esa xustificación, digamos que a lei te obriga, se incumpre as obrigas laborais, a excluíla. Entón unhas por máis e outras por moito menos, é o informe a conclusión á que chegou e por tanto tivemos que excluír a todas as empresas excepto a Axiña. Que pasa? Tamén se establecera un límite de tres lotes como máximo para ser adxudicatario, é dicir tres campamentos. Entón Axiña cumpría pero tivemos que limitalo aos tres lotes, e había uns criterios obxectivos para saber que lotes eran os que lle tiñas que adxudicar. E o resto quedaron desertos.

Entón, a partir de aí, xa foi algo de tolos, porque foi un mes para iniciar un procedemento novo... O único que se podía facer, que era iniciar un procedemento negociado sen publicidade, que permite a lei cando todas as ofertas no procedemento anterior aberto foron inaceptables, e por tanto o procedemento do negociado sen publicidade é máis curto e pondo como condición tamén a lei de que se empregas o procedemento do negociado sen publicidade que viña anteriormente dun procedemento aberto, tés que invitar ás mesmas empresa que xa se presentaron no procedemento aberto. Entón foi o que fixemos. Un convite ás empresas, que presentaron as súas ofertas, e tamén nos pregos do procedemento negociado establecéronse varias novidades para intentar evitar -e aparte como iamos a contrarreloxio- para intentar evitar o que pasara no procedemento aberto. O que fixemos foi incluír un novo criterio de baixa, que era a baixa de máis do 6% dos custos laborais estimados polos pregos. Se alguén ofertaba ata un 6% inferior, non pasaba nada, era a súa oferta e non se ía utilizar esa potestade de que xustificasen, porque baixara un 4 ou un 3... Quen baixase máis dun 6% xa sabía que vai incorrer en baixa temeraria, e que lle iamos pedir a xustificación desa baixa. Porque entendíamos a parte porque menos dun 6% era moi difícil que cumprisen esas obrigas. A nosa idea, o que nós pensabamos, era que ninguén ía incorrer en baixa temeraria, pois todos sabían exactamente que con esa cantidade incorrían en baixa... e incorreron dúas empresas en baixa. Unha dela estaba en todos os lotes, co cal outra vez tivemos que pedir informes sobre esas empresas, co cal, xa iamos a contrarreloxio e aí xa se vía que non iamos chegar a tempo para a Campaña.

Tamén se incluíu, para que non tivésemos que adxudicar -no caso de que quedasen desertos algúns lotes- que se puidesen adxudicar máis de tres lotes á mesma empresa, sempre que a outra opción fose que quedasen desertos.

Entón tivemos que pedir ese informe novamente, houbo outras exclusións...

(pequeno barullo)

Tamén hai que dicir que recorreron, tanto no procedemento aberto como no procedemento negociado, foi ao tribunal de recursos contractuais da Administración e foron desestimados.

Despois, fíxose unha proposta de adxudicación. A maioría púidose facer non sei se foi o vinte algo de Xuño e houbo tres que non se puideron adxudicar porque a empresa ao final, cando é proposta como adxudicataria, ten que demostrar que ten solvencia económica e técnica. Solvencia económica é que ten un volume de negocios anual -se te presentas a máis lotes tés que ter máis volume de negocio, se te presentas a menos tés que ter menos- e xa sabes se cumpres a solvencia ou non. Pois bueno, houbo dúas empresas que non cumprían esa solvencia ou que interpretaron mal e entón non cumprían. E iso demóstrano ao final, co cal nos vimos que tivemos que ofrecer como adxudicatario ao seguinte na lista. Co cal, tiña outros cinco días para adxudicar a súa solvencia etcétera etcétera. Entón aí xa nos iamos a Xullo, xa empezados os campamentos...

JOSE Os prazos xa non daban....

PEPE Si, xa non daban. Entón... claro, estaban aí os campamentos: o sorteo xa se fixera, todas as prazas adxudicadas... Entón, aí, en principio pensouse na solución de facer un contrato menor. Un contrato menor era porque non sabíamos cando se ía poder adxudicar, pero ao mellor íase adxudicar ou íase poder asinar o contrato o cinco de Xullo, e ao mellor tiñamos que facer un contrato menor para eses cinco días. Se chegan os 15.000 euros -porque un contrato menor non pode ser por máis de 15.000 euros- pois entón podíase facer. Se pasaba de 15.000 euros, non se podía facer. Entón dependendo de cando se puidese firmar -o 5, 6 ou 7- pois xa era posible ou non era posible. Iso foi o primeiro que se barallou. Outra opción... a todo isto, porque hai un prazo de quince días hábiles no que despois desa adxudicación do contrato, de esperar, porque as empresas teñen a potestade de recorrer a adxudicación, e unha vez que se recorre hai unha suspensión automática. Entón, é lóxico que haxa ese prazo de quince días no que non podes asinar, esperando a ver se alguén recorre, que iso suspendería automaticamente todo etcétera etcétera.

Entón, outro que se barallou foi asinar antes de que transcorrese o prazo. Que pasa? Se se asinase antes de que transcorrese o prazo e non houbese ningún recurso de ninguén, a verdade é que era a mellor solución para tod@s, porque se ía asinar e se ninguén recorría íase comezar con normalidade a Campaña e tal. Pero había a posibilidade de que recorresen. E se recorrían unha vez empezado o contrato, pois non sabíamos aí as consecuencias que podían pasar, porque realmente como habería que ditar unha suspensión automática... xa c@s nen@s nos campamentos etcétera etcétera... pois sería un pouco heavy entón... claro, non sabemos se alguén vai recorrer ou non, por tanto non nos podíamos arriscar.

Outra opción era cancelar as primeiras quendas dos campamentos, antes de que se puidesen asinar os contratos. Ao final, penso que é o que se ía facer, e despois xurdiu a idea de contratar directamente @s monitores como última opción antes de cancelar. Entón entenderon o órgano de contratación que era mellor iso ca cancelar as primeiras quendas. Máis acertadamente ou máis desacertadamente, iso basicamente foi o que aconteceu.

FACILITADOR Resumindo, había un procedemento novo e o feito de que a práctica totalidade das empresas fixesen propostas que en termos de custos salariais, de remuneración para @s traballadores, eran moi inferiores á base de licitación fixo que a maior parte das propostas de case todas as empresas fosen abaixo, e entón iso é o que orixinou que se iniciase un atraso dun mes, porque hai que iniciar un novo procedemento, que despois produce unha serie de consecuencias. Porque a lei nova é bastante garantista no sentido de prazos...

PEPE ... de prazos para as empresas, de recorrer, para as empresas ou para calquera outr@ interesad@. É moi garantista, e moi pouco coa Administración. Digamos que parece que a Administración ten que empezar o contrato moito antes de que se poida executar, porque hai unha serie de garantías. Digamos que axilidade... as garantías son maiores, pero a axilidade do que vas facer é menor.

FACILITADOR Chegamos a que con este proceso semi-accidentado, que era imprevisible por parte da Administración, que a práctica totalidade das empresas chumbasen na primeira e ata na segunda convocatoria, entón aí iníciase un proceso estraño: a Campaña vai acontecer e hai moito por facer e os prazos empezan a correr.

Entón, había a situación de que poucos días antes do comezo da Campaña había moit@s nenos e nenas que tiñan praza e a Administración aínda non tiña contratos asinados con empresas para que a Campaña puidese ter lugar.

Aí houbo un momento, que facemos? Lavamos as mans e que non comece a Campaña de Verán? Ou buscamos unha solución de urxencia para botar a andar a Campaña de Verán?

Pode ser mellor ou peor, pero o feito é que se optou por unha solución de urxencia que consistiu en...

PEPE ... contratar o monitorado directamente. Despois había unha contratación de servizos sanitarios e de coordinación de campamento coa empresa, a través dun contrato menor porque non superaba os límites do contrato menor e por tanto podíase facer. E nada máis. A esas persoas, contratadas pola Xunta, aplicábaselles o convenio colectivo da Xunta, que é máis beneficioso que o convenio colectivo do sector. Tamén se lle daban instrucións por parte da Administración, directamente polas xefaturas territoriais había un responsable deses monitores. Por unha parte había monitores e pola outra parte contratouse un servizo de coordinación. Un servizo de coordinación e sanitario.

FACILITADOR Cant@s de vós estivestes nesa primeira quenda e fostes contratad@s polo Servizo Galego de Emprego? Podedes contarnos como foron esas semanas?

CLARA De estrés. De estrés porque me chamaron da empresa e dixéronme que tiña que ir ao meu sitio do INEM. Fun, e despois que apareceran todos os detalles do traballo e enviar todos os documentos, á Coruña. Despois subir o venres ás nove da mañá á Coruña, a entregar os papeis despois.

FACILITADOR Xefaturas de Servizo, como foron eses días?

CHELO Horrorosos...

MAITE Caóticos...

JOSE En dous días tivemos que... Puxemos en marcha a Campaña de Verán.

(gargalladas)

JOSE Fíxose o que se puido evidentemente, e como se puido. Chamando á xente... Bueno, sobre todo Coruña e Lugo, pois moi moi complicado, moi mal. Chamando á xente. Xente que tiña que traer unha serie de certificacións. Revisando expedientes. Traballando moitas horas. Tanto dentro do servizo de xuventude como outros da Administración que tamén botaron unha man, todo hai que dicilo. Mañáns, tardes e incluso noites, para que estivese todo o mundo no seu posto. E logo xente que falla o día un, e tés que ir contratando ata que consegues substituír; xente que non ten a titulación, tés que seguir buscando, para o persoal que necesitaba algunha titulación específica para algunhas tarefas, e resultaba moi complexo e moi traballoso. A verdade é que saíu bastante ben para o difícil que foi e as dificultades que tivemos.

FACILITADOR Traumatizada?

MAITE Só o recordo xa me traumatiza.

JOSE E a xente que chamamos, tamén o pasou mal. Os propios traballadores que tiveron que vir cando foron chamados, que tiveron que esperar a que se lles pasase a documentación... Tivemos unha reunión con eles, @s que puidemos, falamos con el@s... Logo tiveron que aportar pois máis documentación, para completar o expediente. E bueno, a verdade é que moi ben, a xente respostou moi ben. Pero claro, á xente tamén píllaa dun día para outro... pois iso, mañá tés que estar traballando no tal... ven por aquí, tráeme isto... non podo! Si que podes! (gargalladas) Puideches? Puideches!

FACILITADOR Como foi o traballo nesa primeira quenda?

CLARA Traballei aquí en Gandarío. Foi un pouco estresante porque empezamos o día 1 e a correr. Uns chegamos un día e outr@s chegaron outro día. E despois chegou unha xente a mediados da quenda, así ao terceiro día, porque faltaba xente e foi un caos.

A segunda quenda, mellor.

MARÍA E a visión das familias? Andando por aquí cos nenos e nenas sen saber se ía haber campa ou non?

FACILITADOR Non convidamos ás familias.

(gargalladas)

MARÍA Porque igual que co monitorado é complicado para a familia tamén...

FACILITADOR As familias non tiñan moita noción do que estaba a acontecer.

PARTICIPANTE MONITORADO Eu son familia tamén. Traballei de monitor na Marina, pero tiña un sobriño que... A miña visión do tema das familias, polo meu irmán, é que se vía un pouco.... -bueno, non sabían que estaba pasando todo isto, porque o peor que che pode pasar é que teñas cen pais pensando que o seu campamento non está ben organizado ou... que é normal, porque con estes datos...

UNHA VOZ E é real...

PARTICIPANTE MONITORADO Eles o que vían é que notan, sen sabelo, notaron esa falta de información, que eles, sobre isto en concreto, dicían que non lles daban noticias sobre o campamento, non sabían nada de... Entón eu creo que igual iso é o que lles chegou. Non lles chegou ningún tipo de información, que eu saiba, de todo este problema. Pero si que notaron que faltaba un pouco de movemento e de unha man directora... "pois non sei, non me mandaron a carta se comezo ou non comezo"

MAITE As cartas xa non se mandan. Cólganse.

(algún barullo)

EDUARDO Unha soa pregunta? De toda a xente que hai aquí, hai unha soa persoa que anularía a Campaña de Verán?

(barullo)

FACILITADOR Monitores e monitoras, que sodes o piar no que se asenta a campaña de Verán. Todo o que se falou até agora é super-importante pero digamos que é o contexto no que se prepara o traballo que despois vós ides desenvolver no verán.

CLARA Eu penso que se viñésemos tod@s o día antes, ao mellor a primeira quenda si que se facía con mellor...

FACILITADOR Estivo a punto de non suceder, a punto de cancelárense dúas quendas....

FACILITADOR "A Campaña de Verán 2018, como foi?"

ADRIÁN Eu non tiña nin idea, a verdade, destes temas burocráticos... non tiña nin idea, ata o que acabo de escoitar agora... A min, desde o punto de vista de ser monitor, síntome moi manipulado agora ao saber como pasan estas cousas. Porque realmente, os da Administración estais xogando co noso traballo. Porque eu ao escoitar que as empresas eran imprevisibles, é dicir que era imprevisible que as empresas sempre se puxeran á baixa... como imprevisible? Fai falta ver os contratos dos monitores do ano pasado só para saber que esas empresas non ían puxar máis alto ca iso. Non quero xeneralizar a todas as empresas, como Axiña por exemplo, que deu con este tipo de cousas... Para min que digades que é imprevisible que as empresas ían puxar á baixa, e que non cumpriran....

(barullo)

ADRIÁN E despois, pola Campaña de Verán, a min paréceme estupendo o que pasou na primeira quenda. A solución de que se levara a cabo paréceme estupendo, porque ao final, os prexudicados son os nen@s. Todo o traballo que facemos está dedicado aos nenos, que ás veces parece que nos olvidamos. (DSCF0017 ON) Entón, penso que as formas de facer as cousas, o de contratar así a última hora etcétera, que cheguen monitores , que cheguen tal... penso que a figura do monitor está moi pouco valorada, de todas as partes da figura porque ao final se @s monitores non están ben, porque se @s monitores non teñen un ámbito cómodo no que traballar... que saiban que van entrar o día 3 e van saír o día 15, por exemplo... Iso vai repercutir na calidade ( MAH00455 OFF) vaille repercutir aos nenos durante esa quenda. Se esa quenda saíu adiante non é grazas a que a Xunta ou tal decidiu que se fan esas cousas, saíu grazas a que es@s monitores que contrataron a última hora fixeron as cousas ben.

É que sen @s monitores ao final non se pode facer nada. E ao final, eu despois de escoitar todo isto, síntome moi manipulado e moi pouco valorado, por parte da Administración...

UNHA VOZ E da empresa.

MANUEL Eu creo que onde hai que poñer o foco é nas empresas que nos estiveron pagando mal, non? Non na Xunta, porque a Xunta non ten que ser o "pai" d@s monitores. Quen nos paga é as empresas, non a Xunta.

UNHA VOZ Pero ten que revisar...

(barullo)

MIREN Cobramos un 33% máis. E iso, dito en porcentaxes ou fales con calquera é moito. Entón, só que por cumprir a normativa laboral cobremos iso, eu creo que hai que salientalo e hai que agradecelo, a todos os actores. Puido pasar antes? Si. Eu creo que dende a Administración, igual que se fai noutras administracións, se poden poñer criterios que miren esa cuestión. Que houbo baixadas das empresas ao longo dos anos por seguir unha dinámica para poder seguir estando na Campaña etcétera etcétera? Si, e igual iso se podía ter atendido antes. Pero, en todo caso, deuse agora e as condicións foron moito mellores e bueno, eu nunca tiven tantos folios! (gargalladas) A nivel de material... quero dicir... estes temas é cuestión importante. Eu creo que houbo unha mellor calidade. Tamén ter máis monitores permitiu descansos, que despois todo iso hai que...

FACILITADOR Se alguén escordaba un pé, que lle pasaba este ano? (INÉS ergue a man)

MIREN Collía unha baixa, unha baixa laboral.

FACILITADOR E o ano pasado, se escordaba un pé?

INÉS Ata logo.

MIREN Non te contrataban máis.

INÉS Non te contrataban máis. Este ano, polo menos ti tiñas quenda e rematas...

CLARA: Eu na terceira quenda traballei para... podo dicir a empresa?

(gargalladas)

CLARA: Non me gustou nada. Pedíamoslle material para facer cousas cos nen@s, e non o daba.

JORGE Resumindo a miña opinión persoal referente á Campaña. Un pouco ao fío do que falaron tanto Jose como Pepe que... bueno.. creo que tomastes unha decisión bastante valente, vale?

É a primeira contratación a nivel estatal... é unha decisión que se ten que tomar de primeiras mans. Aí seguramente se cometesen erros, evidentemente, supoño que recapitulariades unha serie de cousas para ter en mente para o ano que vén... E salto xa directamente ao proceso que máis coñezo eu de cerca, que é cando entraron as empresas, as empresas no último proceso. Para min aquí, creo que o obxectivo foi claro, foi único e ademais foi compartido polos tres interesados directamente da Campaña, que foi Administración, empresas e equipo de monitores, que foi sacar a Campaña adiante. Fíxose un obxectivo único, e traballamos tod@s unid@s para que saíse adiante. En primeiro lugar a Administración, con todas as alternativas que houbo, propuxestes esta; as Empresas, que non están, tamén se tiveron que mover moito para conseguir @s monitores, e logo unha cousa que comentaba tamén Clara, que parece unha tontería pero... Abrir un campamento, abrir a Campaña de Verán, é a (quenda) máis difícil de todas. E @s monitores este ano non entraron días antes, entraron o 1 de Xullo ás doce e un minuto da noite, porque é cando comezaba o contrato e é cando podían comezar.

Arrincar iso, sen material previo que viña da empresa, con instalación ás veces pechada todo o ano, é duro. Duro, complicado e moi difícil de sacar adiante. Entón, aos monitores e monitoras que non están aquí e que abriron as Campañas de Verán, pois dárlle-la noraboa por iso.

(aplausos)

FACILITADOR Algún monitor/monitora, xerente/xerenta, director/directora, enfermeiro/enfer-meira que estivese na Campaña de Verán que queira facer unha contribución?

XULIO Eu isto que estou escoitando aquí paréceme o máis interesante que escoitei en moitísimo tempo, por coñecer moitas cousas que están opacas e que son novidosas tamén. E termos esta oportunidade deste espazo de interacción entre tantos axentes diferentes e escoitarnos... a min xérame moitísima empatía, porque eu podo entender, porque tiven tamén moitos roles ao longo da miña vida no tempo libre, e podo entender -aínda que nunca estiven na Administración- (gargalladas) podo entender que tivemos que entendernos tamén moito, que ter moitísima empatía e creo tamén que ter toda esta información, de como son os procedementos, dende as complexidades ás que nos enfrontamos tod@s e iso que dicía antes Jorge, de que pese a todo, sacámolo entre todos e todas. Non só @s monitores, non só a Administración, non só as empresas, creo que tod@s tivemos que facer moitísimos sacrificios, e ese é un logro colectivo.

Sobre todo reivindico esa empatía, que por estar tamén a Administración contratando directamente tamén pode entender a complexidade de toda unha empresa que é adxudicataria dun concurso e asina o contrato cinco días antes dun campamento, e facer todo iso de recoller os títulos, non sei que, montar un ...., conseguir un enfermeiro, que é algo como o sangue do unicornio (gargalladas) pois tamén ten que servirnos un pouco para aprender da complexidade e sobre todo mirar cara o futuro e solucionar estes problemas, que moitas veces iamos prognosticando que algún día ía acontecer algo así, e bueno, pois esa profecía cumpriuse. E pese a todo creo que é ese un logro colectivo importante, pero sobre todo se se aprecia a empatía necesaria, sobre todo de comunicación. O que me parece super-diferente a outras ocasións é que teñamos esta oportunidade de coñecer ou de percibir as sensibilidades de todo o mundo, de entender os nosos erros e sobre todo de mirar cara o futuro, non?

E valorar a valentía que houbo de facer aposta, non? Sobre todo, porque se escoitou un colectivo, que era o noso, que levamos moito tempo reivindicando unha situación, que se estaba perpetuando e cronificando, de mala calidade, e a situación de calidade superouse grazas a isto. E si, houbo moitísimas complicacións, todo o o traballo foi moito máis duro -tamén foi mellor gratificado, economicamente mellor, para case tod@s- entón creo que nos queda para os faladoiros -e aí no de emprego...- o de como mellor sortear estas dificultades (...) para os seguintes anos, para ir xa botándolle os cables e que volvamos ter os salarios máis dignos, e sobre todo para poder traballar a calidade cos nos@s usuari@s.

BREOGÁN Eu nos últimos anos tiña a sensación así como de que a Campaña nos interesaba a nós, aos monis e ás dires que traballabamos na Campaña, como que estabamos metidos alí pero que estabamos un pouco deixados da man de Deus, que aquilo non lle interesaba a moita xente. E este ano, cambioume a sensación esa e dáme a sensación como de que a Administración está un pouco máis pendente de nós e ao final as empresas tamén están un pouco máis pendentes das nosas condicións e, como dicía Miren, do noso material, e só foi iso: estar un pouco máis pendentes. Entón a miña reflexión era que por favor sigades pendentes e que nos sigades aopiando, que vos interese todo ese rollo todo ese da Campaña e que ao final, como dicía Xulio, que nos acaba aportando algunha cousas e ao final pois tres cousas que parece que van por separado e que tiran para distintos sitios, pois ao final conclúen nun e saen as cousas mellor.

ADRIÁN A min o que non me parece ben é estar celebrando e agradecendo que se estea cumprindo o convenio tan baixo que temos. Ou sexa, estamos celebrando que nos paguen o que nos deben.

FACILITADOR Unha das perspectivas máis globais, con máis visión xeral, que hai sobre a Campaña de Verán, voulle dar a palabra a Salvador de Pilot.

SALVADOR Boas tardes, son Salvador Fernández de la Cigoña, son socio de Pilot CCS. Somos unha empresa de consultaría especializada en dúas cousas: unha, a valoración de servizos intensivos en man de obra, tanto para as administracións públicas como para as empresas privadas. No caso das administracións públicas o que facemos é unha valoración dos custos que nos demandan os nosos clientes e, para as empresas privadas, son tenders xa de contratación. E despois, tamén é relevante, o que facemos é supervisar a correcta execución deses servizos, en dous puntos: un, a parte máis operativa, e outro, non menos importante, a parte laboral.

Fago esta introdución porque diredes, "bueno e estes señores que pintan aquí?". Normalmente nós estamos un pouco detrás, que é o noso sitio, dando soporte aos nosos clientes e o que vos podedes preguntar é por que nos contratou a Xunta.

Imos ver, nós tiñamos un mandato, cando nos contratou a Xunta, claro do asunto. E é que quería mellorar clarisimamente o que é o cumprimento laboral: poñer a lupa no cumprimento da lexislación laboral, neste caso do voso convenio e outros dereitos pois regulados incluso polo Estatuto dos Traballadores, cousas que incluso é certo que se poden ir matizando e que se poden ir mellorando, pero había esa visión clara e tamén do servizo.

Neste caso eu creo que a Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Xuventude, tiña clara unha cousa: que non hai bos ventos para o barco que non sabe onde vai. Creo que houbo un cambio, ou esa é a perspectiva que teño porque tamén colaboramos aínda que menos Na Acción de Verán 2017, houbo un cambio claro neste sentido. No 2017 é certo que a nosa participación... bueno xa había esta visión por parte da Dirección Xeral de Xuventude de empezar a cambiar as cousas, de melloralas e nós comezamos a poñer o foco -seguindo o mandato do noso cliente- no que é a inspección do material e no control de persoal.

O control de persoal, non o control do que estabades facendo, senón de que estabades os que tiñades que estar por prego. E a diferencia no ano 2018 é que o noso cliente nos trasladou o mandato de reforzar isto máis se cabe. Tanto no que é o cumprimento do material, como no control do cumprimento da lexislación laboral. Implantamos unha ferramenta, que eu sei que aos monitores... Miren e Xulio que están aí acabaron ata o gorro... que se chama work-control. Non é unha ferramenta para controlar -quero que quede meridianamente claro- os horarios das persoas, non se buscaba controlar os horarios, senón que, de maneira remota, se buscaba ter unha visión clave, todos os días se testaba, que as persoas que tiñan que estar por prego, que @s monitores e traballadores que tiñan que estar por prego, estaban. Isto acompañábase do mesmo que fixeramos no 2017, dunhas visitas in situ. Que pasaba? Se ao mellor alguén facía as chamadas -iso eu non entro se as fai o director, coordinador ou monitor ou monitora- iso a nós danos igual, non debería ser así, debía facela cada monitor, pero si é certo que se nos está mandando unha idea de que aí hai un número determinado de monitores, que nós, con visitas aleatorias aos campamentos verificabamos que isto era así. Para nós a Acción de Verán 2108 supuxo tamén un cambio importante no sentido de que a Dirección Xeral de Xuventude nos nomeou responsables do contrato. Isto, agradecemos a confianza, pero tamén é certo que nos impuña unha responsabilidade adicional.

E despois creo que unha grande diferencia é o que dicía José Antonio, que por que se esperou a esa nova lei de contratacións do estado. Eu creo que a Dirección Xeral de Xuventude quixo poñer aínda máis foco no que é a responsabilidade social á hora da execución do servizo. Parecerá unha tontería, pero, estamos falando do tema de persoal, pero non nos lembramos que o ano pasado 2017, moitos dos coches eran coches d@s monitores. Coches, uns novos, se correspondía que o tiña @ monitor, ou vellos, se o d@ monitor era vello. Neses coches trasladábanase os nen@s. A Dirección Xeral de Xuventude intentou acoutar iso, a través do etiquetado da DGT para que houbese vehículos postos polas empresas e cunhas garantías suficientes para o traslado dos usuari@s dos campamentos.

Por último, quérovos trasladar tamén que a Dirección Xeral de Xuventude non só quedou nisto... ha cousas que digamos... eu tampouco podo falar todo... non sei, no meu despacho hai tres monos, un tapa os ollos, outro a boca e outro os oídos, e debemos ser discret@s co que dicimos. Pero si é certo que nos trasladou tamén outra preocupación adicional. Sobre o papel... o papel sopórtao todo... xustifícanse os números e... vale, isto entra... pero despois chega o momento da verdade que é o momento das remuneracións aos traballadores que estiveron prestando servizo nos distintos campamentos. O mandato que tiñamos da Dirección Xeral de Xuventude tamén neste aspecto foi meridianamente claro: por favor, moita atención con isto, e que se cumpra. As distintas empresas facilitáronnos os xustificativos de transferencia de pagos, etcétera e bueno, eu non podo (...) senón incluso de posibles prazos, pero creo que o resultado foi positivo.

Entón que, visto dende fóra, que somos unha empresa de consultaría e como tal aportamos o noso coñecemento e o noso saber facer ata onde podemos... Eu o que si vin particularmente dende fóra, creo que notei unha evolución neste sentido especialmente relevante.

Co dito, o noso traballo rematou no 2017, o noso traballo rematou no 2018. Eu o que si creo... téñoo meridianamente claro, que o camiño que emprendeu o noso cliente, neste caso a Dirección Xeral de Xuventude, eu creo que é un camiño atinado e ademais... pois como todo, todo é criticable... as empresas que pasaron... eu pódovos dicir tamén, visto dende fóra, eu o que podo dicir é que aquí hai algunhas persoas que lles diría, "pero a ver, vós non sodes funcionarios de oito a tres?" Porque o que din de que botaron tardes e noites é real. Eu compartín parte dese sufrimento con eles e debo recoñecer que esta xente deu todo o que podía dar.

Mellorable? Pola nosa parte, seguro. Pola parte da Dirección Xeral de Xuventude, seguro, pola parte d@s monitores eu creo que tamén... pero logo volvo repetir que, sobre todo entre vós -xa digo, nós somos unha empresa moi externa- comezastes un camiño que, visto dende fóra, vos dou os parabéns a todos os actores da Acción de Verán 2018.

E en principio -deixádeme revisar as miñas notas- basicamente dixen todo o que tiña que dicir.

Pedirvos desculpas outra vez... monitores que @s vexo aquí en frente, a Xulio e a Miren co do workcontrol que o tiñan atravesado, pero pensade que era un elemento máis, unha ferramenta máis para que se unha empresa estaba obrigada a poñer dazasete monitores, sempre estivesen @s dazasete e non estivesen catorce. E pola miña banda, nada máis.

FACILITADOR Iniciamos un camiño. Puido ser máis acertado, máis desacertado. Púidose iniciar antes. Puido ser máis fondo. Iniciouse un camiño, e por iso chamamos a esta sesión "2018, un punto de inflexión". Porque se iniciou un camiño, e o camiño está por transitar, e aí é onde tod@s teremos que camiñar.

Estaba falando a Administración. Xa falaron as empresas, xa falaron @s monitores, monitoras....

A sociedade civil...

MARÍA Non me quedou moi claro. Cando dixestes que volveron entrar as mesmas empresas (...) non podías volver a abrir o concurso? Eran ás mesmas?

JOSE Era un novo procedemento de tramitación. É diferente cando se (...) o anterior. Pero a lei marca que necesariamente temos que notificar ás mesmas empresas, nós non o podemos elixir. Prevista na lei, o artigo di o que di e necesariamente ten que ser así.

FACILITADOR Vós, é un negociado sen publicidade, que era máis rápido.

CHELO Claro, é que un aberto xa sería imposible.

MARÍA Aha, tiña esa dúbida.

DUDI Brevísimo. A pregunta que vos facía un pouco antes. Dentro da propia lei marca que o feito de non cumprir o convenio non é excluínte. A miña pregunta como dire, ou que padezo estas cousas, é que ten que facer unha empresa para non ter un campamento, porque se aínda incumprindo a lei ao final lla dan porque non hai unha persoa que os leve?

CHELO Non é así.

DUDI É o que parece.

CHELO Por iso quedaron fóra. Excluímolas.

DUDI Eu traballei cunha destas empresas. Digo o pecado e non o pecador. Se é unha empresa que en teoría está baixo o ollo da Xunta de que non vai cumprir convenios e todo tal... como é posible que logo esta empresa non cumpra as condicións de contratación?

JOSE A ver, as empresas adxudicatarias, si. Evidentemente, as adxudicatarias cumpriron os requisitos previstos nos pregos. Se non non serían adxudicatarias. E houbo un control de execución, que...

(barullo)

DUDI ...non é así. A lei si que está así. Eu móstroche o artigo que indica que unha empresa que non cumpriu o convenio non implica que se exclúa. Que pode presentar alternativas! Entón eu pregúntome, se as tedes xa sobre a lupa e hai o listado de ... como é que estes logo igualmente fan piratadas? Se xa están sinalados como "é posible que esta xente faga mal as cousas"

JOSE Imos ver. Hai un procedemento de licitación, hai uns pregos, hai unhas regras. O adxudicatario tivo que cumprir esas regras, absolutamente. Son regras obxectivas. Se non incorre en baixa temeraria ou en baixa anormal. Os que resultaron adxudicatarios cumpriron os requisitos...

CHELO Que a nós nos conste. Se ti tés proas doutra cousa é cando as pode aportar.

POL Bueno, eu na verdade, a sensación dende fóra, a situación fastidioume un pouquiño. Porque levaba moito tempo traballando nas campañas de verán, e digamos que por primeira esta Campaña de Verán non puiden estar, e a xente de Boiro dicía "que guai, todo marabilloso", e por outro lado tamén vin a compañeir@s que estaban noutros lados e sofrían un pouco porque claro, estaban na primeira quenda, arrancando, vían que @s que contrataron a Xunta non se enteraban un pouco de nada, entón era en plan, tiraban de todo, aínda curraban máis.

FÁTIMA Eu son Fátima. Darlle a noraboa a todas estas heroínas que traballan na Acción de Verán, porque eu sería incapaz de estar 24-7 traballando. E eu quedei agora un pouco flipando, porque o voso plantexamento foi que realmente non vos quedaba outro remedio e fixestes contratación directa co monitorado. Entón, non valorades volver facer iso?

Perdón. Dígoo porque realmente, aínda que fose un pouco caótico ao principio, realmente cumpriuse todo dunha forma boa: é máis directo. Non entendo por que ás veces cando funciona algo coa Administración e co persoal que vai traballar, que á parte, cando tés un contrato directamente coa Administración tés moitísimas mías posibilidades para o futuro. Non entendo isto de estar sempre sacando concursos para unas empresas... que hai algunhas que cumpren, noraboa, e despois hai... pero está claro que hai un beneficio. Un beneficio empresarial que, dende o meu punto de vista, que guai que vaian as contratacións directamente entre a Administración e @s profesionais. Vexo que igual había que reflexionar, non? Do cambio de paradigma.

PEPE A ver, esa decisión non é nosa. Se me preguntas a miña opinión, ten avantaxes e inconvenientes. Ambas opcións. Non me sinto capacitado para dicir que una cousa é mellor cá outra. E iso, tampouco o teño que decidir eu, nin ninguén de aquí, vamos.

JOSE Estamos os funcionarios ... (gargalladas)

FÁTIMA Escoitándovos a vós eu dicía, que guai que sucedese isto. (...) Subimos o ratio de persoal e sumamos que se vai cumprir o convenio.

O que apuntaba aí o compañeiro, non hai que darlle grazas evidentemente se cada un fixese as súas funcións aquí pois funcionaría todo moi guai.

IVÁN Eu, como Sociedade Civil, son Iván de Sarandón, quería comentar que realmente ao final levabamos dez anos de longa noite de pedra, todo escuro no tempo libre. E desde que se recuperou este espazo, eu creo que aí está a clave, a Administración si que escoitou as demandas. Esta fin de semana creo que estamos aquí o sesenta por cento d@s que estivemos xa hai tres anos.

Entón, é importante. Eu quería falar para poñer en valor este espazo, porque das dúas demandas principais, unha era o marco do noso traballo, que é o decreto, e a ver se por fin dunha vez sae xa a aprobación. A primeira demanda aínda non está, pero parece que vai ser xa. E a segunda eran as melloras laborais para o monitorado.

E ao final isto é... escóitannos. E se se nos escoita teñen valor estes espazos, e non vale que haxa un foro intermedio e que vaiamos dez e non vale qe haxa un INTERACTUANDO e que ao final estamos un trinta por cento da xente que está na Campaña.

Entón, nada, simplemente que hai que seguir estando, e que hai que facer as cousas e seguir demandando melloras. Por exemplo, o plan de formación creo que ten que volver. Cincuenta mil cousas máis. Pero os dous bloques principais están. Eu quero felicitar aos que vimos, polo traballo de demandar cousas, e por exemplo o labor que fixo Somos Tempo Libre dunha maneira máis continua, pero hai que seguir. Hai que seguir estando se se quere mellorar. O que non vale é mirar para o embigo e estar, "eu se me chaman para sacar unhas pelas"... pero se queremos ser profesionais disto, temos que seguir vindo e demandando cousas.

Entón, si que dar a noraboa, porque nos escoiten, e que dalgunha maneira haxa cambios. E eses cambios son arriscados e teñen que xerar este tipo de conflitos ás veces.

Era un pouco o de poñer en valor este espazo e outros que hai. Se nos dan as oportunidades, temos que utilizalas. Non nos podemos despois queixar.

MARTA Son Marta, son socióloga, especialista en Ocio e Tempo Libre. O que escoitei encantoume. Encantoume a empresa. Encantoume a parte da Administración pública e encantáronme @s profesionais, mozos e mozas, señores e señoras. O único que botei en falta e que me parece que o fixeron todo os homes, os funcionarios. E as funcionarias, que tamén estiveron dende as oito da mañá...

JOSE Quedaron agotadas.

MARTA Agotadas. Funcionarias e funcionarios, monitores, monitoras, directores, directoras, e bueno, na túa empresa, menos mal que son monos que non oen non din e non vén, menos mal que non son monas que non oen, non escoitan e non vén. Xa está. A igualdade de xénero.

MARÍA Eu teño unha pregunta, porque eu estou aquí de forma voluntaria, porque quero e porque me motiva isto e me considero unha adicta ao tempo libre. A miña pregunta é se vós, funcionariado da Xunta estades aquí porque queredes ou porque vos sentides... porque me parece un detalle moi importante. Eu cando participo nunha actividade é moi diferente se eu vou de forma voluntaria porque quero a se me obrigan. Escoitádesnos porque estades obrigad@s a facelo, ou porque vos presta e credes que é importante para mellorar o traballo que facedes a longo prazo

(gargalladas)

CHELO Aquí, obrigados non estamos ningún de nós.

MARÍA Nós as dúas estamos de vacacións.

MAITE Estamos de vacacións.

(aplausos)

MARÍA E o resto?

JOSE Eu ía pedir o día, pero non o pedín (gargalladas). Nós, evidentemente, somos traballadores e.... se non queremos vir, non vimos. É dicir...

MARÍA O voso horario é de oito a tres...

JOSE O que pasa é que nós estamos implicad@s doutro xeito e nunha tarefa. Somos xefes de servizo, temos unha responsabilidade, estamos metidos nisto e interésanos tamén participar, home. Vimos a unhas cousas cando podemos, a outras non, temos a nosa vida etcétera. Pero sempre hai alguén da Administración que... entre nós turnámonos ou... Traballamos, aínda que parece que non, traballamos ao pé do canón. Quero dicir, as Campañas sufrídelas, pero sufrimos tamén. Quero dicir, ese traballo que temos que facer... xa non falo de contratación, dos pregos, dos procedementos de licitación... no día a día, tratamos de estar o máis próximos posible. Non podemos estar en todos os campamentos, pero temos que estar falando cos coordinadores, cos directores, e estar pendentes. A nós interésanos estar sempre pendentes para que todo saia mellor. Se non estamos pendentes pois ás veces pasan cousas. Pasan cousas igual, evidentemente, pero temos que estar aí. É un traballo.. vinte e catro horas. O que facedes vós evidentemente é moi importante, pero temos que estar dispoñibles. E claro, logo interésanos tamén saber que pasa ou que non pasa. Enterámonos moitas veces sobre a marcha, e a toro pasado tamén, e aquí sacamos tamén conclusións, non?

MARÍA Os meus parabéns persoalmente, e baixade, dirección, xerencia, monitorado tamén.

INÉS Moi rápido, só un apuntamento. Non sei moi ben como expresalo, así que vou... Dalgún xeito hai eu controlar as presenzas nos campas, pero este sistema de fichaxe é bastante inviable... Habería que darlle unha voltiña á movida. Porque bueno require de habilidades ninja traballar de monitor nun campa: cronometras o tempo que levas en lavar os dentes, en darte unha ducha... entón ás veces é moi complicado xestionar os cinco minutiños que che pode levar fichar, e son cinco minutos que non dormes, que é moi importante... Entón, bueno, que estamos a este nivel de presión e que, non sei, xa sairán ideas ou non, pero que o vemos como complicado. Así se percibe.

SALVADOR Somentes digo o seguinte: obviamente, depende da Dirección Xeral de Xuventude a contratación disto ou non, pero exactamente tárdase 18 segundos en facer a fichaxe...

MARÍA É o tempo que che leva facer outra cousa!

(gargalladas)

FACILITADOR Valoracións de conxunto para pecharmos esta sesión.

PARTICIPANTE SOCIEDADE CIVIL Eu non participei na Campaña de Verán nunca. Teño amig@s que si, e coñezo a situación pero quero dar a aportación d@s nen@s. Nas nosas casas familiares @s nen@s van aos campamentos da Xunta. Viñeron súper súper súper ultra content@s. E @s que temos agora mesmo, menos un, tod@s foron na primeira quenda. E é máis, moit@s nen@s dicían que comparado con outros anos había máis material, @s monitores estaban máis atent@s, tamén porque había máis monitores, entón podes estar máis atent@. .. Se un nen@ de dez anos -penso nos meus, que teñen dez anos- no sentido de que se nota un nen@ que falta material, que están mais atentos, quere dicir, que pasou nos anos anteriores?

Non sei, simplemente iso, que tamén está guai ver a cara das familias. Como familias non o podemos ver, pero si como educadores e non notamos nada, todo normal e corrente. Chegounos a información. Levamos o rapaz alí na súa hora. Deixámolo alí tan tranquil@s e non notamos nada de nada.

E @s nen@s igual. En xeral, tod@s queren volver, ao mesmo sitio, cos mesm@s monitores, cos mesm@s compañeir@s.

MANUEL Creo que hai espazos nos que hai que ir reclamando un soldo, como colectivo. Temos que ser máis colectivo, que non o somos. E de feito este ano houbo unha negociación do convenio colectivo (...) e representación do noso gremio nesa negociación foi ridícula. Por iso creo que debemos implicarnos, e se queremos melloras salariais non é só pedilas. Hai que involucrarse e facer actividades e accións para melloralas.

JULIÁN Recopilando todo un pouco. Creo que si que hai que dicir pecados e pecadores, creo que para iso estamos aquí. Paréceme feo que soltemos pullitas, como Brais antes, bueno, os que estamos e non están. Creo que o falaba da empatía Xulio, nin os bos eran bos nin os malos eran malos, nin Axiña é tan boa supoño por estar aquí, cando estaba nunha posición privilexiada de ter quedado ben, digamos, nin os que non se queren expor a isto, pois o mesmo. A Administración, o mesmo; incluso nós tamén.

Non me parece que a primeira quenda con contratación directa sexa un éxito. Eu non estaba, pero por todas as opinións de compañeir@s que escoitei, ao meu parecer foi un caos. E eu podo entendelo, que sei o que é ter a xente que non coñezo absolutamente de nada nun campamento, totalmente allea, non coñezo as súas habilidades, nin o que pode facer ben nin o que pode facer mal, se pode mover un grupo, se pode sacar un barco, se pode facer un obradoiro de teatro... A min.. había unha opinión positiva sobre iso, a min paréceme que, nin de lonxe.

E logo, sobre Pilot, pareceríame súper-interesante que coñecésemos cales son as condicións mínimas que levaron a Axiña a sacalo e a outras empresas non. Porque falando dos pecadores, hai certas empresas que se ti as pos en Google... e non tés máis que buscar en Google para saber de que vai esa empresa. Por ser o primeiro, pos Supernova en Google, pos Serviplus, de Hebe tamén saen cousas... perdinme... Que cales son daquela as condicións mínimas? Pilot agora podía dicir, colectivo monitoril, ímosvos dicir o mínimo que tedes que cobrar, isto é así, estar contratad@ estes días, pun, pun pun, e todo o colectivo (...) estupendo. Pero claro, vas por aí, "son matemáticas". Non son matemáticas. Pilot, eu sei pouquiño sobre o tema, que é moi difícil realmente, tés que meter vacacións, tés que meter os días de descanso semanal, tés que ver como apuntar as horas... Se o queres facer de todo ben, non dan as contas de ningunha maneira, nin a Axiña nin a ningunha empresa supoño, se o fas totalmente ben. Equivócome?

Entón claro, onde puxo Pilot o límite... é algo que pode ser súper-interesante para todo o colectivo, entendo. Dicir, pois ata aquí, porque nós non traballamos trinta e sete con cinco horas semanais nos campamentos. Entón, onde puxestes o límite? Para que o saibamos tod@s...

SALVADOR Límite, Pilot non pon ningún. Pilot o único que recibe é unha encomenda dun cliente, neste caso a Dirección Xeral de Xuventude, "oe, analízame isto e dinos o que... " O primeiro que atopamos, sen entrar en moitos detalles, é que cada empresa, e había unhas cantas, pois tiñan distintos métodos de cálculo. Non por iso eses distintos métodos de cálculo teñen que ser fraudulentos, pero si é certo que pode haber anomalías. O primeiro que atopamos foi que aquilo era como as contas do rei católico ao grande capitán... Unha vez desbrozados e de entender coas explicacións de cada compañía, o criterio pono o convenio. Se hai unha serie de requirimentos: cumprimento do convenio colectivo, non teñen en conta as vacacións, non se teñen en conta os días de descanso de traballadores, vemos desvinculacións dende o noso punto de vista fraudulentas ou indebidas... Ademais cando se fala de temas laborais cómpre ter coidado, porque moitas veces hai unha lexislación, pero despois estes temas chegan a xudicializarse, e nun xulgado do social podes ter unha sentencia e noutro outra completamente distinta, sobre todo cando comezas a tocar temas escabrosos. Digamos que o límite púñao iso.

JULIÁN Ao límite non se chegou. Non se pode chegar. Está xenial o tema. A tope coa Administración por persoarse. Ben. Pero, onde o puxemos? Porque non o puxemos en ter 2 días de descanso cada 5, porque non dan as contas, non o puxemos nas horas, hai moitas cousas que non puxemos. Entón a frustración do equipo pode ser estamos perdendo xa non os 18 segundos, non é polo tempo, é pola carga mental que supón, facer o cálculo desa pantomima, imos dicilo así, porque realmente non verificas se alguén está ou non, ti metes os números e xa está. Entón, facer esta pantomima cando realmente non sabemos ata onde estamos chegando.

SALVADOR Esa pantomima, imos ver... Eu creo que sobre este asunto vós entendestes que se vos controlaban as horas, e iso non era así. O que se quería controlar era á empresa. Entón, a pantomima pódese facer, eu douche o DNI e ti fichas por min. Agora ben, o que non sabemos é se vai vir Chelo a ver se estás ti ou eu. Se non estamos ti ou eu, é cando hai un problema.

FACILITADOR Xa o dixo ao principio. Levan anos cumprindo o convenio e quedando fóra. E este ano...

ANTONIO E aínda cumprindo o convenio... O convenio ten matizacións. Sería moito máis doado se o prezo o sacara directamente: un monitor ten que cobrar tanto, despois ten que librar tantos días e despois, vai traballar trinta e sete horas? Pois ao mellor si que se pode facer, pero temos que estar tod@s dacordo. Porque hai un matiz moi importante, estades traballando 24 ou 7 horas? Tod@s @s monitores diriades 24, entón non podemos facer esta Campaña, porque ninguén pode traballar durante tres meses vinte e catro horas. Iso é ilegal. E dá igual que estea Pilot, que estea Axiña, iso non pode ser. Entón, temos que ser tod@s sensat@s e dicir, bueno, traballamos oito horas, facemos turnos, ou se non canto sairía a Campaña de Verán? Teriamos que triplicar o persoal. Se non, 24 horas son tres turnos de 8. Iso é viable? Tedes que pensar vós tamén, oe pois ao mellor traballando sete horas, poñendo un pouquiño máis de monitores, que o poden sacar no prego, é tan doado coma iso.

Eu son bastante práctico. Eu só digo, se nos di a Administración que temos que pagar como mínimo iso, despois só é a diferencia no material que vai aportar a empresa, os custos de material, e o beneficio que pode ter. Entón haberá empresas que digan, pois eu vou sen beneficio. Pode ser. Pero sen material non podes ir. Téñoo eu? Pois mira, é o que aforras. Pero despois o salario non se pode tocar. Iso é intocable. Despois vós tedes outras formas de facervos valer. Hai inspeccións. Se sabedes que hai algunhas empresas que non cumpren e non levan cumprindo, eu teño, na nosa empresa hai traballadores que non queren traballar connosco, que din que lles pagamos pouco. Pois eu sácome o sombreiro. Pago por convenio? Si, pois xa está. Non queres seguir? Pois non. Pero sempre respectando a Lei. Entón vós, se hai algunha empresa que non cumpre, pois non vaiades traballar. É tan doado coma iso.

PARTICIPANTE MONITORADO Vou dicir algo de perogrullo, pero parece que hai xente que non está de acordo. O control é bo. Que alguén mire que estamos alí, non é malo para @s que estamos alí. É malo para @s que non están. Pero para @s que están, é bo. O que é triste é que haxa que comprobar. Será que hai empresas que no pasado non o cumpriron. A min non me molesta. Iso é bo, porque significa que nesa empresa se fai o que se ten que facer.

Entón, eu, por favor... Antes de criticar, intentar entender as cousas, porque...

UXÍA Eu creo que o que queríamos non é que non se controlase que se estaban cumprindo pois con as cousas que estaban alí e coas persoas que tiñan que estar, senón intentar buscar ideas doutra maneira que non recaia en nós como monitores. Porque ao final somos @s que estamos aí a pé de canón todos os días. Que fagamos doutra forma o control.

PARTICIPANTE SOCIEDADE CIVIL Que pasou cos monitores en prácticas? Porque nós estabamos ilusionados por ir. Nós fixemos o curso e estábamos tod@s pendentes de ir para Gandarío e....

CLARA Na primeira quenda non collemos monitores en prácticas, pero na segunda xa tivemos monitores en prácticas.

PARTICIPANTE SOCIEDADE CIVIL Eu quería facer unha pregunta. Chámome Kith e quería saber se no grupo de discapacidade pasou o mesmo que nas persoas sen discapacidade? Pasou a mesma situación?

CHELO Os campamentos específicos de discapacidade non son da Dirección Xeral de Xuventude.

EDUARDO Son da Dirección Xeral de Maiores.

ANTONIO Seguramente que elas (as empresas) terán moitas reivindicacións que facerlle, tanto á Xunta, como aos monitores. Entón entre tod@s creo que deberiamos falar moito máis. Porque eu, podo dicir, son novo, e vexo que a Xunta cometeu erros, que eu sei que son erros, eu xa intentei comunicarllos e foron receptivos. Sei que @s monitores teñen moit@s dúbidas, non teñen información. Oe, antes de enfrontarte a alguén, fala con el. E moitas veces non pasa iso, directamente enfróntanse, pero isto podíamolo arranxar falando. Se ti estás equivocado, eu demóstrocho. Entón, a pelota é pequeniña, pero vaise facendo grande e cando chega, en vez de un chegan vinte. E veñen vinte porque un estaba equivocad@. Foi capaz de convencer aos outr@s vinte. Pois non é así. Se falásemos e puxésemos todo en común, pois era moito máis doado para tod@s.

Eu, volvo dicir, son novo, pero téñoo moi claro. Foi doado unha vez que tés a tod@s @s axentes de acordo.

CHELO Eu só quería dicir que tod@s deberiamos valorar o que se fai na Campaña de Verán da Xunta de Galicia, comparando co que se fai no resto das comunidades autónomas, e comparedes tamén os campamentos que se organizan desde un organismo público, porque hai opción de organizar campamentos privados. Non os organizaríamos nós, non teríamos que facer procedementos administrativos, nin pregos nin nada. Así que eu creo tamén que hai que poñer en valor o esforzo que se fai, comparado co resto de comunidades autónomas.

JOSE Bueno, eu vou rematar como empecei, dando as grazas e tod@s @s que participaron na Campaña. Pola colaboración, xa en termos xerais, pero sobre todo aos equipos. Grazas ao traballo que facedes e á comunicación que tratamos de ter, conseguimos que @s rapaces e as familias o pasen ben, desfruten e que non haxa grandes desastres. Polo menos, a pesar do traballo, do esforzo, e de que pasamos... bueno a verdade é que o verán o pasamos bastante mal, en Xuventude, pero polo menos estamos satisfeit@s...

Eu levo cinco anos e aínda non houbo unha noticia... unha mala noticia.

MARÍA DE LUGO Eu teño que agradecer, porque teño que dicir que dentro do caótico que foi e do verdadeiramente mal que o pasamos, unha vez empezou a rodar a Campaña, eu sentinme -falo pola miña provincia- súper-respaldada por monitores, directores, xerentes, empresas... e teño que agradecer ese apoio e ese traballo conxunto. Ao final estabamos tod@s no mesmo barco. Si que teño ganas de agradecer ese apoio e comprensión por todo o que pasou. Comprensión da situación de ver a situación e de tirar para adiante e apoiarme.

PEPE Eu igual, agradecer a tod@s. Tamén agradecer porque houbo monitores que nos transmitiron ánimo, empresas incluso, que mandaron mensaxes de apoio. Por outra parte é unha pena que non estean máis empresas porque... supoño que tamén que se deu a imaxe de que hai unha empresa que cumpriu e outras non cumpriron. Entón... hai de todo. No sentido de que non cumpriron, pero algunhas por moito e outras por pouco.

CHELO Estás falando do procedemento aberto.

PEPE Do procedemento aberto. Realmente fíxose algo que non era obrigatorio, que era unha potestade nosa, que se as ofertas fosen razoables non habería esta etapa. Non se faría uso desta potestade. Entón, simplemente ao mellor pagaron xust@s por pecadores, pois unha vez que ti pides a xustificación a tod@s, incumpras máis ou incumpras menos, se incumpres a lei obriga a excluír.

Entón, eu sei que pagaron, porque sei de empresas que estiveron cerca de cumprilo e que ao mellor se lles puxo tamén o foco igual que a outras que ao mellor era unha barbaridade o que ofrecían comparado cos custos mínimos que tiña que haber.

Quero dicir que o que parece que é un pouco un no cumio e o resto un desastre, non é así. Entón deixar isto claro.

MANUEL A dúbida que teño e que quero preguntar, e que xa se adiantou aquí antes, é que me parece inxusto, tal como foi o procedemento, que unha empresa que cumpriu, que foi Axiña, e que despois houbo outras empresas que non cumpriron que ao final levaron máis lotes que Axiña, que si cumpriu, por que non se convidou a Axiña a formar parte desa segunda negociación?

No caso de que non puidese entrar, porque xa tiña tres, pero explicouse aquí que houbo esa cláusula de que se quedaba deserta si que podía levar máis lotes esa empresa, como si que pasou. Paréceme inxusto que Axiña non puidese participar nese procedemento, porque foi a única que realmente cumpriu cos requisitos.

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar