EXPERIENCIAS QUE TRANSFORMAN

Iván García García. Concello de Vedra

DESCRICIÓN

En 2016 celébrase no Concello de Vedra a "Xornada100x100 - Experiencias que transforman" co obxetivo de intercambiar experiencias de participación en proxectos de mobilidade xuvenil, poñer en valor a importancia de implicarse neste tipo de iniciativas de "educación non formal" que permiten a adquisión de novas capacidades e xeran autonomía; así como tamén dar a coñecer os diferentes programas de mobilidade que existen na actualidade.

Ao longo da última década máis de 150 mozos-as do Concello de Vedra participaron en diferentes programas de mobilidade: intercambios, voluntariado europeo e internacional, campos de traballo, Galeuropa...

O Concello de Vedra considerou que estas experiencias persoais dos/das participantes non podían caer no olvido, polo que veron a necesidade de difundilas e valorizalas.

¿Cómo foi a estancia destes participantes noutro país? ¿Cales foron as actividades que desenvolveron? ¿Cómo viviron a súa participación nese proxecto?,¿Qué lle achegou esa experiencia, tanto a nivel persoal como profesional?... Son algunhas das cuestións que quixeron recoller e compartir.

Neste posto da feira presentouse tanto o proxecto destas xornadas do 2016, como o sitio web municipal onde veñen recollidas estas experiencias que poidan servir de inspiración e axuda aos mozos e mozas que se estén plantexando realizar este tipo de programas europeos no futuro.

DATOS DE CONTACTO

ivandesarandon@gmail.com

https://experienciasquetransforman.webnode.es/

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar