"EDUCACIÓN E VALORES NO TEMPO LIBRE"

FACILITADOR: Breogán Lourido Corral

ARTIGOS TRABALLADOS DO NOVO DECRETO

A diferencia dos outros tres faladoiros, o faladoiro de educación e valores transversais non tiña como obxectivo traballar sobre os artigos do novo decreto. Os sectores básicos de transversalidade son parte dun capítulo da Lei de Xuventude de Galicia que non se ve afectado pola actual revisión do decreto, mais que merece consideración, dado que artella legalmente os valores educativos nos que basearse en materia de xuventude. De feito, é no desenvolvemento dos artigos 7º a 17º do Título I da Lei de Xuventude nos que se basea a elaboración do novo plano estratéxico de xuventude 2018-2020.

DESCRICIÓN METODOLÓXICA

O traballo desenvolvido no faladoiro de educación nas xornadas do XI INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE, enfócase na dirección de ofrecer achegas ao novo Plan estratéxico para a mocidade que terá vixencia no bienio 2018-2020.

Iníciase o faladoiro realizando unha diagnose da mocidade galega analizando diversos indicadores para, posteriormente, propoñer alternativas e melloras nos diferentes sectores básicos de transversalidade. Toda a tarefa realizada é resultado das diversas dinámicas participadas que foron empregadas. Cada unha das achegas que se expoñen a continuación, enviadas dende o faladoiro de Educación no Tempo Libre son o resultado dun consenso entre todas as participantes.

Dinámicas nas que se dividían ás/os asistentes en pequenos grupos (3 ou 4 persoas), nas que se apuntaban todas as opinións sobre un tema determinado para posteriormente poñelas en común con todas as/os participantes para seren comentadas e debatidas, ou pequenas asembleas nas que as valoracións, propostas de actividades, fortalezas ou oportunidades, compartidas pola totalidades das/os presentes, se achegaban a un mural de realización comunitaria; constitúen algunhas das estratexias empregadas.

Despois da análise que vén de expoñerse, achéganse distintas medidas para contribuír ao desenvolvemento dos diferentes sectores básicos de transversalidade que se contemplan no Plan estratéxico. Algúns deses sectores aparecen agrupados.

DIAGNOSE MOCIDADE

HÁBITOS DE CONSUMO

  • Tendencia cara as ofertas máis económicas.

  • Desexo por coñecer, curiosidade, innovacións.

  • Modelo de consumo práctico, satisfacción de necesidades.

  • Campañas que pescudan o consumo masivo (black friday).

  • Aumento na produción de residuos debido aos hábitos de consumo.

  • Turismo de ocio.


INCLUSIÓN

  • Barreiras arquitectónicas.

  • Desaproveitamento da 3ª idade.

  • Falta de oportunidades: formativas, laborais...

  • División en sectores.

  • Inexistencia ocio inclusivo.

  • Barreiras sociais.


MOTIVACIÓN - PARTICIPACIÓN

  • Pouca esperanza ao cambio.

  • Falta de apoio institucional ao tecido asociativo.

  • Dificultades para o desenvolvemento das tarefas burocráticas dunha asociación.

  • Individualismo social.

  • Escasa promoción do voluntariado.

  • Participación en voluntariado limitada, case exclusivamente, a persoas do ámbito social e educativo.

  • Insuficiente promoción da participación social e colectiva no ámbito educativo.


AMBIENTE - SISTEMA EDUCATIVO

  • Deficitaria formación - motivación do profesorado.

  • Abandono e fracaso escolar.

  • Materias illadas da sociedade.

  • Falta asesoramento e contacto coa realidade laboral.

  • Homoxeneización.

  • Baixa interacción e coordinación docente.

  • Falta de potenciación do espírito crítico.

  • Diferenzas na igualdade.

  • Progresiva deshumanización.

  • Escasa importancia dos contido transversais.

  • Pescuda da excelencia.

CONCIENCIA COLECTIVA

  • Tendencia ao individualismo.

  • Falta de consciencia sobre o poder que ten un grupo ou colectivo.

  • Excesiva competencia e creación de xerarquías.

  • Falta de visión de futuro. Non hai conciencia colectiva por falta de resultados inmediatos.


VIVENDA

  • Difícil acceso na cidade.

  • Abandono do rural.

  • Situación laboral inestable.

  • Emancipación tardía.

  • Retorno á vivenda familiar.

  • Escasas axudas a emancipación.


  • CONCIENCIA AMBIENTAL

  • Idea de desenvolvemento sostible como inimigo do avance económico.

  • Medidas superficiais.

  • Falta conciencia ambiental.

  • Inexistencia de educación ambiental nos centros educativos.

  • Campañas de sensibilización inexistentes.

  • Falta de medios para a sensibilización ambiental.

  • Descoñecemento do impacto ambiental.

  • Perda de memoria.


AUTOCONCEPTO

  • Culto ao corpo, estereotipos, tendencias e modas.

  • Pescuda de popularidade: Manipulación da propia imaxe. Importancia da imaxe nas redes sociais.

  • Ansiedade, depresión e problemas emocionais asociados ao ritmo de vida.

  • Presión social.

  • Falsa sensación de seguridade e auto estima proporcionada polas redes sociais.

  • Identidade social:

    → A falta de grupo xera sensación de soidade.

    → Necesidade de sentirse incluído nun grupo.

    → Inseguridade.

    → A pertenza a un grupo fortalece o auto concepto.

    → Identificación con grupos determi-nados: ideoloxía política, orientación sexual, xénero, equipo deportivo ou profesión.


RELACIÓNS SOCIAIS

  • Violencia física e psicolóxica.

  • Dependencia emocional.

  • Superficialidade.

  • Estereotipos, presión social.

  • Etiquetas e prexuízos individuais.

  • Excesiva competición.

USO DOS TEMPOS

  • Sobre ocupación, sobre estimulación.

  • Pasividade.

  • Conciencia do tempo inexistente.

  • Imposibilidade da conciliación de horarios.

  • Impaciencia/ procura do reforzo inmediato.

    IGUALDADE

  • Invisibilidade da realidade.

  • Discriminación positiva/caridade.

  • Descoñecemento da realidade que leva ao rexeitamento das minorías.

  • Falta de consciencia da desigualdade.


SAÚDE

  • Culto ao corpo (risco, modas).

  • Normalización do consumo de substancias prexudiciais para a saúde.

  • Aumento de campañas de prevención.

  • Ritmo de vida frenético: ansiedade, depresión, suicidios...

  • Estigmatízase a enfermidade mental.

  • Deficiencia na información sobre saúde afectivo-sexual.


CULTURA E TRADICIÓN

  • Relaciónase a cultura e a tradición galega co vello, rancio e antigo.

  • Mantívose co paso do tempo grazas ao labor do asociacionismo.

  • Pouca inversión por parte da administración. Cando existe é vencellada á potenciación do turismo.

  • Falta de coñecemento e posta en valor da nosa propia cultura.

  • Cultura e tradición galegas ligadas á festa.

LINGUA

  • Desaproveitamento dun bilingüismo real.

  • Desprestixio social e identidade.

  • Falta de visibilidade de referentes.

  • Perda xeracional de falantes.

  • Realidades dialectais excluídas pola norma.


LABORAL

  • Malas condicións: salarios, xornadas abusivas...

  • Estancamento laboral que provoca estancamento persoal.

  • Emigración: envellecemento, fuga de talentos, etc.

  • Escasa información e orientación laboral.

  • Prácticas e bolsas de emprego mal xestionadas.

  • Excesiva importancia da imaxe física e persoal.

  • Sexismo.


CONCLUSIÓNS DO GRUPO DO FALADOIRO

O domingo día 5, antes da sesión plenaria final, realízase unha avaliación informal dos días previos que veñen de desenvolverse. Extráense, principalmente, as seguintes conclusións:

  • As instalacións de Gandarío son idóneas para a realización dunhas xornadas coma estas.
  • A organización, a dinámica de traballo e o cumprimento dos horarios foi axeitado.
  • Pénsase que os obxectivos, en canto á participación, non foron acadados.
  • Aínda recoñecendo a importancia e aplaudindo a asistencia de persoal da administración ás xornadas, considerase necesaria unha presenza maior e, sobre todo, de xeito prolongado.
  • Da mesma maneira, botouse en falta a alguén da consultora encargada da elaboración do Plan estratéxico. O Interactuando é un foro apropiado para recoller achegas e palpar a realidade do sector.
  • Debe solicitarse e pescudarse un maior compromiso das/os asistentes ao Interactuando, no referido á permanencia nas xornadas e asistencia ás distintas actividades (veladas, faladoiros, etc.), dende o acto de inauguración ata a clausura.


INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar