PANEL DE EXPERIENCIAS

"EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DE XÉNERO NO TEMPO LIBRE"

PONENTE: Celso Taboada Lorenzo

OBXECTIVO

Valorar a importancia da inclusión da formación en igualdade de oportunidades, aeducación afectivo sexual e a inclusión do enfoque de xénero, fundamentalmente nos programas de formación en tempo libre.

EXPERIENCIA

O interese de incluír este panel de experiencias no Interactuando no Tempo Libre 2016, interesa cara a valorar a importancia da inclusión da formación en igualdade de oportunidades, a educación afectivo sexual e a inclusión do enfoque de xénero, fundamentalmente nos programas de formación de dirección e de monitoras e monitores de tempo libre, e a súa posterior aplicación transversal nos campamentos e outras actividades de a accións coa xuventude e a infancia.

Reflexionaremos sobre valorar nos contidos a ter en conta na nosa formación como:

  • Aprendizaxes sobre os conceptos de sexo, identidade de xénero, expresión dexénero e diversidade sexual. A construcción da subxetividade do xénero.

  • Bases do sexismo na comunicación. Publicidade e sexismo.

  • Modelo de beleza-modelo de violencia. Hipersexualización e erotización das nenas. Contrapublicidade con enfoque de xénero.

  • Desmontar os mitos do amor romántico.

  • Obradoiros: rompecontos. A transmisión dos roles sexistas nos contos de fadas. Análise dos contos.

  • Xogos para a igualdade. Como xogamos. Xoguetes non sexistas.

  • O papel das persoas educadoras como parte fundamental dentro do xogo e crecemento persoal de nenas e nenos.

  • As diferentes formas de violencias.

REFLEXIÓN

Estes contidos que aquí priorizo, foron incluídos en 4 cursos de formación de Monitoras/es de Tempo Libre nos Concellos de Lalín e de Vedra e aplicados posteriormente en Campamentos Urbanos e de Verán durante os últimos 2 anos.


DATOS DE CONTACTO

Celso Taboada Lorenzo

Axente de Igualdade e Técnico de Xuventude no Concello de Lalín

Psicopedagogo

Docente na ETL Aloumiña

axentedeigualdade@lalin.gal

VOLTAR A PANEL DE EXPERIENCIAS 2016

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar