PANEL DE EXPERIENCIAS

"DE ARRECÓ A GOLFIÑO: DO PASATEMPO AO EMPRENDEMENTO"

PONENTES: María José Fernández Pardavila, Mario Vidal Villar

OBXECTIVO

Basearse na educación non regrada como ferramenta de empoderamento xuvenil.

EXPERIENCIA

A asociación Arrecó, nace en Riveira, no ano 1997, da man dun grupo de monitores de tempo libre, moitos recén titulados, que comezaron a promover actividades de lecer entre a infancia e xuventude do municipio. Foron moitas as actividades, que sempre con carácter de voluntariedade se levaron a cabo.

A medida que a actividade asociativa foi incrementando, os ingresos económicos xerados, foron sempre de repercusión para que os socios/as e participantes, seguisen acadando ferramentas de empoderamento. É dicir, con Arrecó estableceuse unha roda xiratoria de actividades que repercutían sempre para crecemento e desenvolvemento integral das persoas.

REFLEXIÓN

Arrecó, estivo sempre presente, non só en actividades e iniciativas propias, sinón que sempre estivo a carón de causas sociais e actividades promovidas dende diferentes administracións públicas.

Nos seus inicios, a súa andadura comezou con actividades que se promovían únicamente dende a propia asociación, pero co paso do tempo, Arrecó, traballou da man de infinidade de institucións e asociacións, diversificando as súas actividades con diferentes públicos.


DATOS DE CONTACTO

María José Fernández Pardavila, Mario Vidal Villar

Golfiño Xestión de Ocio, S.L.

Deán Grande, 60. 15960. Riveira. A Coruña

981 972 744 / 630 065 790

info@xestiondeocio.com

VOLTAR A PANEL DE EXPERIENCIAS 2016

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar