FICHA DO FALADOIRO

"CALIDADE E POSTA EN VALOR"

FACILITADO POR: Fátima Fernández Sánchez


CONTEXTO

Falar de calidade no eido de tempo libre é falar de todos os axentes que están implicados no desenvolvemento das actividades (persoas, administracións, cooperativas, empresas externas, recursos materiais, formación, etc..), pero sen dúbida é falar de calidade educativa non formal.

Necesitamos parar a reflexionar se todas as actividades que desenvolvemos teñen a calidade que se merecen para as persoas participantes (destinatarias directas), para as familias e tamén para nós como profesionais.

Estamos nese punto de inflexión, no que nos removen moitas vivencias e tomamos decisións o máis acertadas posibles para darlle calidade a todo o que facemos dentro do noso traballo.


DURACIÓN DAS SESIÓNS

Os tempos adicados ao Faladoiro foron:

  • Venres: de 20.00 a 21:00

  • Sábado: de 09:30 a 11:30, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.

  • Domingo: de 09:45 a11:30.

O domingo pola mañá comezamos 15 minutos tarde porque faltaron 7 participantes que non asistiron en toda a mañá.

  • Unha participante xustificoume na comida que se atopaba mal.

  • Unha participante avisoume o sábado que o domingo xa non estaba.

  • Tres participantes viñeron despois de comer a falar conmigo e axudaron a recoller a aula (dixéronme que se quedaran durmidas)

  • Dous participantes non viñeron e non se achegaron a explicarme motivos (a pesar de coincidir con eles noutros espazos)

A pesar de non ser unha asistencia obrigatoria, considero que é a nosa responsabilidade informar da asistencia, xa que dela vai depender o desenvolvemento do faladoiro, e ademais é unha forma de empatizar coa facilitadora, xa que todas e todos nos adicamos á traballar con persoas.

Propoño que se puntualice este aspecto para vindeiras xornadas.


ESPAZOS DE TRABALLO

Foron suficientes, aínda que a aula de abaixo se quedou moi xusta para facer as asambleas e dinámicas, polo que optamos por saír a outros espazos durante o desenvolvemento do faladoiro (nunha ocasión por demanda dos participantes).

Considero que é un aula pequena para 20 persoas adultas (con mobiliario). Se a aula estivese sen mobiliario (mesas de diferentes tamaños, armarios, etc..) sería perfecta para este número de participantes.


OBXECTIVOS

  • Aproximar ás/os participantes ao concepto CALIDADE1 .

  • Diferenciar e identificar o que é calidade e o que non o é.

  • Reflexionar dende as vivencias propias.

  • Profundizar en casos prácticos e empatizar con compañeiras/os de profesión para tomar conciencia e POÑERNOS EN VALOR.

  • Fomentar boas prácticas no traballo.

  • Interiorizar o que debemos de facer e o que non dentro dunha intervención educativa.


SESIÓNS

Sesión 1 (venres, 20.00-21.00). Conformar Grupo, coñecer nomes e contextos.

Na primeira sesión fixemos unha pequena aproximación ao concepto "calidade".

A idea foi comezar coa reflexión libremente e sen condicionarnos por nada, así poderíamos afondar máis nas seguintes sesións.

Na metade da sesión fixemos unha dinámica de presentación, só escribindo os nosos nomes, sen dar máis información (queríamos esperar ao día seguinte para facelo co grupo completo)

Para finalizar escribimos tres as palabras que relacionamos con calidade, e puxémolas nun papel conxuntamente. Despois elixiamos tres (as que máis nos chamaron a atención) e abrimos un espazo de exposición e escoita.


Sesión 2 (sábado de 09.30-11.30). Que é calidade?

Comezamos cunha dinámica de presentación, para coñecernos mellor.

Formáronse grupos e tiñamos para falar do que é calidade para nós. Cada grupo transmitiu unha idea diferente da calidade, que fomos matizando entre todas.

Calidade é?
  • Paixón.

  • Control.

  • Organización/planificación.

  • Seguridade.

  • Formación.

  • Habilidades Sociais.

  • Humanidade.

  • Compromiso.

  • Estabilidade.

  • Autocrítica.

  • Sentimentos comúns.

  • Coidados.

  • Salario digno.

  • Protocolos de actuación en caso de emerxencia.

  • Persoal cualificado.

  • Comunicación.

  • Puntualidade.

  • Grupos reducidos.

  • Atención á diversidade.

  • Linguaxe inclusiva.

  • Ecoloxía.

  • Valores.

  • Diálogo.

  • Continuidade.

  • Coherencia.


Sesión 3 (sábado de 12.00-14.00). Dinámica VERDEIRO E FALSO. Que non é calidade?

A través das nosas vivencias fixemos unha posta en común do que non é calidade. A idea foi pensan pensar cales foron as causas que levaron a un mal resultado na actividade.


Sesión 4 (sábado de 16.00-18.00)

Estivemos avaliando diferentes tipos de cuestionarios e detectamos moitos fallos que moitas veces reproducimos sen ser conscientes nas nosas intervencións.

  • Infantilizamos ao colectivo de maiores.

  • Deseñamos avaliacións moi pechadas porque é máis sinxelo interpretar os datos ( o que nos piden as institucións que na maioría dos casos están suxeitas a subvencións).

  • Están cargadas de tecnicismos.

  • Deben de adaptarse a cada actividade.

  • Deben de actualizarse.

  • É necesario avaliar todas as actividades?


Sesión 5 (domingo de 09.45-11.30).

Na última sesión realizamos un exercicio de empatía co resto de compañeiros e compañeiras. Foi a través de casos prácticos reais. Ao finalizar a sesión invadiunos unha "sensación de impotencia" e comezamos a mirar atrás na nosa historia profesional Analizamos actividades que hoxe non volveríamos a realizar (cancións, contos, veladas, linguaxe, etc...

Foi un punto ao que debemos chegar en común.

Vale todo? Non, evidentemente non.

Se queremos transformar, debemos de seguir formándonos e transformándonos, porque o que si que temos claro e que queremos un mundo máis xusto para todas e todos, e iso é educando en valores.


CONCLUSIÓNS

As conclusións do Faladoiro foron:

Que non é calidade?
    1. Non coidar a linguaxe nas intervencións.

    2. Non coidar os contidos (ás veces transmitimos estereotipos polas cancións, historias, etc..)

    3. Non revisar as actividades.

    4. Non adaptarse á realidade actual.

    5. Non atender á diversidade.

    6. Reproducir roles machistas, racistas, etc...moitas veces sen ser conscientes.

    7. Permitir condicións que nos precarizan a nós e restan calidade nas actividades.

    8. Non empatizar coas persoas participantes.

    9. Facer un uso excesivo da autoridade (en ocasións xustificada por cansancio, falta de apoio, malas condicións, etc....).

    10. Usar material persoal.

    11. Non programar.

    12. Non coñecer as características do grupo co que imos traballar.

    13. Non avaliar.

    14. Non adaptar contidos ( fai referencia a que a mesma actividade debe de ser adaptada a cada realidade)

    15. Falta de seguridade.

    16. Falta de coordinación.

    17. Presión.

    18. Rapidez.

Que é Calidade?

    1. Programar con antelación.

    2. Coñecer o espazo e as características do grupo co que imos a desenvolver a intervención.

    3. Dispoñer de tempo suficiente para programar.

    4. Coñecer ao equipo e programar en conxunto días antes da actividade.

    5. Realizar reunións de coordinación previas.

    6. Coñecer os nosos dereitos.

    7. Autocoidado.

    8. Descanso.


Posta en valor.
    1. Visibilizar o noso traballo, especialmente a programación, avaliación e memoria (na maioría dos casos este traballo faise sen remunerar).

    2. Esixir que se cumpra o convenio.

    3. Delimitar as funcións dende o principio e por escrito.


Como medimos a calidade? É o xeito correcto? Estamos a facelo ben?Neste punto estivemos falando de que avaliar é imprescindible, pero vemos que temos moitos erros e que en moitas ocasións non se lle da a importancia que ten.

Analizamos diferentes tipos de avaliación:

  • Cuestionarios de avaliación a familias.

  • Cuestionarios a participantes (adaptados a cada idade).

  • Cuestionarios a persoal técnico (Xunta, Deputacións, Concellos, etc..)

  • Cuestionarios a persoal político.

  • Cuestionarios ao profesional que realiza a actividade.

Polo tanto chegamos a conclusión de que cada avaliación debe estar adaptada a cada actividade, e que é de vital importancia adicarlle tempo (non é valida a mesma avaliación para todas actividades, nen para todas as idades, nen para todos os anos)

Tamén comentamos de que en moitas institucións asocian a calidade a ver reflexadas nas memorias unha gran cantidade de gráficos interpretando os datos, pero volvemos ao inicio da cuestión, son respostas a preguntas pechadas que en moitos casos non teñen relación directa coa actividade que se desenvolveu.


Como nos sentimos valorando as actividades que desenvolvemos?
  • Tomar conciencia do que esta ben e do que esta mal.

  • Detectar o que é calidade e do que non o é.

  • Posicionarnos.

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar