PANEL DE EXPERIENCIAS

"CAI (CENTRO DE ACTIVIDADES E INNOVACIÓN): INICIATIVA INNOVADORA EMPRESARIAL DESDE O TEMPO LIBRE"

PONENTE: Jorge Blanco Cortés, Martín López Castro

OBXECTIVO

Presentar o CAI (Centro de Actividades e Innovación) como un espazo dedicado á innovación, ó desenvolvemento e respostas de inquedanzas no barrio dos Rosais, na cidade da Coruña.

EXPERIENCIA

O CAI pertence á empresa de servizos socioeducativos Campa, que se centra na formación, intervención e xestión. Entre os obxectivos que Campa recolle están os de:

  • Crear servizos que permitan acadar un maior grao de benestar social mediante a participación de persoas e grupos.

  • Coparticipar xunto ás administraciósn públicas na construción dun tecido social máis xusto e participativo.

  • Deseñar recursos que axuden ós/ás profesionais dos servizos sociais da cidade da Coruña no correcto desempeño das súas funcións.

  • Ofrecer instrumentos de prevención e inserción social.

A existencia do CAI é para dar renda solta á creatividade e imaxinación, na procura dos obxectivos que se marca Campa.

REFLEXIÓN

A través do CAI convídase a participar con todo tipo de ideas, iniciativas, proxectos, etc, que manteña estes principios de creatividade e innovación. O uso das salas funcionais e adaptadas a todas as idades e colectivos permite ser flexible e polivalente.

PRESENTACIÓN EMPREGADA NO PANEL descarga

TEXTO DA PRESENTACIÓNdescarga

VÍDEOS accede

DATOS DE CONTACTO

Jorge Blanco Cortés, Martín López Castro

Campa, S.L.

Simón Bolívar, 3 Baixo

981 214 444 / 655 935 515

www.centrocai.es

info@centrocai.es

VOLTAR A PANEL DE EXPERIENCIAS 2016