PANEL DE EXPERIENCIAS

"POLITEIA COMO MOTOR, PLATAFORMA E APOIO DE PROXECTOS QUE CONTRIBÚAN A UNHA EDUCACIÓN DEMOCRÁTICA E ALTERNATIVA"

PONENTE: Miren Alonso Álvarez

OBXECTIVO

Dar a coñecer a asociación educativa Politeia.

EXPERIENCIA

A Asociación Educativa Politeia naceu en 2015, grazas ao financiamento obtido tras resultar gañadores, en Galicia, da primeira edición do programa Impulsa. Xurdiu dun grupo de persoas inmersas no mundo da educación formal e non formal, convencidas de que unha democracia real precisa, o primeiro, de cidadás e cidadáns que crean nela e contribúan a construíla. Así, dende Politeia, queremos mellorar a educación democrática e para a convivencia da nosa infancia e xuventude, e buscamos que a Asociación actúe como soporte de todo tipo de actividades que compartan estes propósitos. Polo de agora, ideamos obradoiros para centros escolares centrados no desenvolvemento de actitudes e habilidades que unha convivencia harmónica precisa: compromiso coa igualdade, tolerancia, empatía, capacidade de organización, escoita activa.. Pero temos moitos proxectos máis no maxín, agardando pola forza colectiva que os converta en realidade.

REFLEXIÓN

Politeia, dende o comezo da súa andaina, pretende servir como motor, plataforma e apoio de proxectos que contribúan a unha educación democrática e alternativa.

DATOS DE CONTACTO

Miren Alonso Álvarez

Asociación Educativa Politeia → politeia@galicia.com

mirenalonso1@gmail.com

VOLTAR A PANEL DE EXPERIENCIAS 2016

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar