ACHEGAS DE PARTICIPANTES AVALIACIÓNS 2017

  • Non había auga quente nos baños de homes para has duchas nin o sábado nin o domingo a maña.

  • Coido que a difusión debería ter sido moito antes e moito maior. Coido que a xente que se enterou foi polo boca a boca das persoas que estamos interesados en axudar na elaboración dun novo decreto, non pola publicidade que se lle fixo ao Encontro.

  • Pareceume que a organización foi nefasta e pouco adaptada ao tempo que se dispoñía, o que desembocou nun moi mal aproveitamento do traballo.

  • Vía preciso repartir os artigos en máis faladoiros, para poder tocar máis e unha maior difusión para chegar a máis compañeiros.

  • Había momentos que non se correspondian co cronograma.

  • Creo que a difusión realizada foi escasa, con moi pouco tempo de antelación e parece que con pouco interese de difundir, pois vexo máis a miúdo outras cousas de Xuventude que esta, polo que creo que non se lle dedicaron os esforzos necesarios. En canto a estrutura e organización creo que foi todo moi ben, aínda que considero que, cando se trata de aprobar un decreto, o tempo foi escaso e habería que darlle continuidade dalgunha forma, pois moitas cousas quedaron no tinteiro.

  • É a primeira vez que participo nas xornadas e agardo poder participar de aquí en diante. É moi importante que estén representados máis ámbitos da educación no tempo libre.

  • Con todo o respecto, teño que recoñecer que non entendín tanto desacordo no faladoiro de Formación e Escolas de Tempo Libre porque a súa misión debería de ser inequívoca, moito mais inequívoca que a das empresas. Se son sincera, esa parte non me gustou. Non me gustou que quen ten que senta-las bases formativas e os cimentos do noso sector non foran capaces de poñerse de acordo en case nada. Pero tampouco son quen de xulgar porque non estiven presente e non sei cales foron as razóns que frearon o avance no proceso.

  • Varias cousas:

    → Estaría ben que se traballara para conseguir un maior ambiente campamentil, o que tanto nos gusta aos participantes destes encontros.

    → Máis xogos, dinámicas e actividades en común.

    → Botei en falta unha presentación individual de TODOS os participantes, había moita xente interesante que leva a cabo proxectos xeniais que xa unha vez rematadas as xornadas entareime que alí estaban, e me houbera gustado conversar con eles durante a finde.

    → Aínda que o análise, reflexión e redacción de propostas son os obxectivos principais, estaría ben aproveitar a oportunidade de xuntar aos profesionais do Tempo Libre de Galicia para facer pequenas formacións en temas fundamentais que danse no día a día nas Actividades de Ocio.

  • Gandarío é un lugar privilexiado e a organización xeral do Interactuando foi, coma o ano pasado, moi boa. Con todo, penso que o feito de centrarse só no Decreto levou a que o ambiente que se xerara fora moi diferente ao de 2016. Había moita menos enerxía colectiva fluíndo, porque fronte ao soño, as transformacións, o feito de compartir... O foco estaba nos detalles do Decreto. Era necesario, por suposto, pero para que o próximo ano... Penso que cómpre volver á dinamica do ano anterior.

ACHEGAS DE PARTICIPANTES TOCANTE ÁS INTERACCIÓNS NOCTURNAS

  • A propósta da interacción nocturna do sábado era moi interesante pero a execución e posta en marcha foi moi vaga , remarcar ca posta en común final estivo moi ben.

  • O panel de experiencias está ben, pero para o meu parecer rompe un pouco o rítmo e a dinámica de traballo nos faladoiros, persoalmente moveríao no cronograma para outro momento. O Domingo non chegou o tempo para as conclusión, quedouse demasiado escaso e fíxose con algo de presa, non pudimos falar nin preguntar os outros grupos sobre o presentado.

  • As actividades feitas, especialmente a do venres foron moi pouco productivas e non adaptadas ao traballo que viñamos facer. o venres foi unha absoluta perda de tempo xa que nos se traballou nada do decreto e isto fixo que logo o á do e o domingo fosemos con presas e marchasemos sen rematar a o traballo. Por outra banda estamos a defender unha educación no tempo libre e o venres pola noite adicamonos a xogar polo chan nun claro exemplo de activismo non orientado a idade nin aos obxectivos que tiña o interactuando.

  • Destaco negativamente a intervención relacionada co Plan Xuvenil, que creo que non tiña relación coa temática do Interactuando nin estaba dirixida á audiencia correcta.

  • Non podo valorar as actividades do venres, posto que cheguei cando xa remataran debido ao traballo.

  • Veladas divertidas e acordes ao momento do grupo e á finalidade. Na primeira se propiciou a confianza e o coñecemento e na segunda se compartiu unha velada pouco coñecida á que se lle pode sacar moito xugo. Aprendimos moito na fin de semana.

  • O mellor o ambiente de respeto , dinamismo e participación. Saín coas pilar cargadas 100%.

  • Varias cousas: Encantoume o panel de experiencias, agora sei o que é. Seguramente se ao mandar o email onde se informaba do Panel se houbera explicado en que consistía exactamente, moita máis xente houbera participado.Penso que na presentación de conclusións, ao remate, é fundamental un espazo para o debate entre tod@s @s Participantes sobre as achegas expostas. Obviamente escápase do voso control, pero paréceme fundamental que algún membro de Consultoria, así como tamén de Xuventude, participaran no Interactuando toda a fin de semana, e non só para "sacar a foto".

O MÁIS POSITIVO DO FALADOIRO FOI

  • A xuntanza e o debate e posta en comun de todolos temas que nos aflicten entre tanta e significativa xente ligada ó tempo libre.

  • Poder participar activamente na redacción dun texto tan importante para a garantía de calidade no sector da educación e participación no lecer e tempo libre. O trabajo nun equipo interdisciplinario tan variado. O calor humano e bo clima xerado polas facilitadoras de dito faladoiro.

  • A dinamización, o respeto, a participación activa dos/as participantes, a canaliza-ción das ideas...

  • A capacidade de empatia entre os diferentes colectivos ali representados.

  • Nivel de debate.

  • Que chegamos a cousas importantes en consenso entre todos.

  • Que os diferentes perfiles que alí nos atopábamos permitiu valorar cada artigo do decreto dende unha visión diferente, o que enriqueceu moito a posterior modificación/validación. As facilitadoras desenvolveron moi ben a súa función, polo que se fixo doada a participación.

  • As persoas que estaban.

  • A participación de todos.

  • O ambiente, creouse un ambiente de total confianza e onde todas as ideas e opinións eran escoitadas sen ser xuzgadas o que fixo poder camiñar nun mesmo sentido con gañas.

  • O grupo creado e as aportacións de cada un. Respetándonos e chegando a conclusións. O método de traballo e a moderación.

  • Compartir coñecementos.

  • O debate creado e as experiencias aportadas.

  • A axilidade, participación, respeto e sentido de pertenza.

  • A organización, creación e cohesión grupal, reparto de tempo e tarefas, foi moi productivo!

  • O mellor foi o bo clima de trabajo.

  • Coñecer a existencia do Plan de Xuventude 2018-2020 e todos os ámbitos que recolle.

  • Coñecer outros puntos de vista sobre temas interesantes.

  • O grao de consenso acadado.

  • Que fumos quen de chegar a consensos sobre todos os artigos que traballabamos, despois de estudalos a fondo e debatelos en detalle.

QUE MELLORARÍAS

  • Máis oportunidades de participar de forma activa en procesos desde tipo para garantir a continuidade e boa dirección dos proxectos e liñas de traballo acabadas.

  • O panel de experiencias.

  • Tempo e metodoloxia de traballo.

  • A fluidez, perdemos tempo a discutir algunhas cousas que igual non requerían pararse tanto.

  • Da organización e desenvolvemento deste faladoiro non cambiaría nada.

  • Os tempos.

  • A dinámica de traballo, traballamos primeiro en grupos pequenos e logo fixemos o mesmo en gran grupo, a debimos empezar en gran grupo dende o principio.

  • Realmente non teño queixas do funcionamento do faladoiro, quizáis a existencia de máis tempo para seguir afondando.

  • Ter máis tempo para concretar as propostas.

  • Os tempos e a xestión do grupo. Creo que é un grupo difícil de levar porque todo o mundo quería ter o seu momento para contar a súa historia, pero quizáis habería que pór en marcha algún mecanismo para xestión de debates. Era pouco tempo para a parte quizáis máis dura do decreto, polo que se quedou corto o tempo.

  • A difusión e animar a participar a mais profesionais.

  • A participación nos demáis faladoiros, así como a exposición de conclusións, adicaríalle máis tempo.

  • Mellor que houbera representantes da cuenta en cada faladoiro, que ó fin e ó cabo, todo este trabajo era para eles.

  • Intentar abarcar menos, e reflexionar sobre eses poucos temas máis en profundidade.

  • Documentos entregados (estaban mal fotocopiados e eran escasos).

  • As dinámicas de facilitación. Penso que o primeiro día (o que me perdín!) polo repaso que fixeron, estiveron moi ben, pero logo nos centramos só no Decreto vendo os puntos en pequeno grupo e logo en gran grupo. O problema non foi da planificación, que pola de cousas que había na sala penso que estaba concibida a cousa doutro xeito, pero ao final o traballo no Decreto levou a que o traballo fose moi "clásico".


OUTRAS ACHEGAS


  • Gustoume a interación que houbo, aínda que queda moi traballo por facer e dame pena que haxa tantas escolas que non se preocupen nin se presenten en estas xornadas.

  • Facer o interactuando de menos tempo pero máis concreto no que queremos facer, o venres non serviu para nada.

  • Creo que a este faladoiro hai que darlle continuidade a través de próximas reunións, pois non se chegaron a conclusións firmes e cremos que debería ser revisado. Tamén creo que como persoas integrantes do grupo deberíamos aprender a non levarnos pola pasión de momento e respectar máis o propio funcionamento do grupo. Creo que ao apartado de formación aínda lle queda moito que sacar e moito por concluír, polo que creo que se lle debería dar continuidade pronto.

  • Un chisquiño máis de material...non tiñamos folios! [COMENTARIO: Había folios (de feito sobraron). Probablemente se esgotaron nalgún Faladoiro e ninguén solicitou máis]
  • Haber proposto cousas firmes a incluires no Decreto.

  • Xenial que a DXXPV promova a participación no novo decreto. Realmente moi positivo, pero dito isto coido que houbo erros importantes no proceso que foi moi desestructura e errático. Aínda así quero recoñecer e agradecer a capacidade que tivemos de contribuir e plasmar as nosas contribucións e hoxe polo menos sinto que se tiveron moi en conta e confío en que cando remate así o sinta tamén.

GUSTARÍACHE PARTICIPAR NA ORGANIZACIÓN DO VINDEIRO INTERACTUANDO?

  • Si. Do mesmo xeito.

  • Si. Aportando a miña experiencia.

  • Si.

  • Si, según disponibilidade previa para a programación do evento. No que fixera falta, velada, activadores, ideas...

  • Gustaríame ser participante activo pero non como parte da organización.

  • É posible, depende da dispoñibilidade e do sentido que se lle dea.

  • Non (2 persoas).

  • Sempre dependendo de que as circunstancias vitais mo permitan, non me importaría participar na facilitación dalgún faladoiro.

  • Se hai outras persoas para facelo sinceiramente prefiro que sexan outros pero se non hai xente para facelo si que nos ofrecemos a botar unha man.

  • Quizáis si, pero non podo preever a miña dispoñibilidade.

  • Axudando cas veladas como este ano na do segundo día

  • Por agora non, xa se mirará no Foro :)

  • Para a vindeira de momento non.

  • Gustaríame participar, e se podo aportar algo a organización tamén o faría encantada.

  • Sí. Estou á vosa disposición para calqueira cousa que podades precisar.

  • Si, podería ser, axudando nalgunha tarefa ou contribuíndo a pensar dinámicas.

NECESIDADES FORMATIVAS

  • Incorporación das novas tecnoloxías para educar no bo uso das mesmas.

  • Integración social de diferentes colectivos: discapacitados, minorías étnicas.

  • Educación familiar no tempo de lecer.

  • Intelixencia/xestión emocional, comunicación, habilidades sociais, resolución de conflictos, educación respectuosa, igualdade...Calquer tipo de formación que nos axude nas relacións sociais, a entendernos de persoa a persoa.

  • Maior calidade formativa do monitora e directores. Precisase máis control sobre as escolas.

  • Eu creo que é importante que nas escolas se ensine máis cal é a figura que vai ter o monitor/educador frente a outros conceptos que podes adquirir simplemente cunha búsqueda no Google. É dicir, prímase ensinar a facer unha figura con globo antes de ensinar que vas a ser referente educativo, e iso non é formación de calidade. Necesitase máis cursos específicos do ámbito educativo.

  • Diversidade Funcional.

  • Trato con menores con conductas disruptivas.

  • Que é exactamente a educación Non Formal e se realmente vale para algo.

  • Como incluir trasfondo educativo nas dinámicas.

  • Xogos e veladas tradicionais.

  • Educación afectivo sexual nas actividades de campamento e semellantes.

  • Perspectiva de xénero, xestión de conflitos, participación...

ALGUNHA COUSIÑA A ENGADIR

  • Dar as grazas o equipo coordinador por facer posible este soño común que é un sector profesional e voluntario en materia de lecer e tempo libre infantil e xuvenil de calidade, interprofesional, digno, cualificado e con carácter de futuro.

  • Gracias!!!! sigamos traballando xunto/as :)

  • Poñamos en valor TODOS o tempo libre e fagamos xuntazas sectoriais para frear a alarmente precarizacion da campaña de verán.

  • Que esperamos seguir participando neste proceso e que o resultado sexa un decreto que se adapte a realidade do sector.

  • Dende a miña humilde opinión coido que habería que darlle unha volta a varios das programacións dos campamentos xa campaña de verán, que se están reciclando de anos anteriores e que son moi mellorables a nivel convivencia, educación e actividades.

  • Creo que sería máis positivo para as xornadas que a xente quedara a durmir e participara en todas as actividades, tamén as nocturnas, para poder crear un clima favorecedor do intercambio de experiencias. Tamén creo que sería positivo a presenza da Administración nos diferentes momentos comúns, como o panel de experiencias e as conclusións. Tamén sería interesante que participasen nos faladoiros representantes de xuventude, para que coñezan de primeira man como vemos e vivimos a situación.

  • Noraboa ao equipo organizador, pola gran labor, por reunirnos a 60 persoas con grandes inquietudes no tempo libre e por facer que reflexionaramos e buscaramos solucións. Non é tarefa sinxela e creo que fixeron un gran traballo, aínda que sempre haberá cousas que mellorar. En canto ao Decreto, gustaríame que se aprobase cando estivese para aprobar. Agora mesmo tempos un Decreto moi verde ao que hai que darlle outro color, e para iso hai que dedicarlle tempo. Quizáis necesitamos traballar sobre un Decreto que xa pasara os filtros xurídicos necesarios, para poder traballar sobre unha base máis sólida.

  • Moitísimas grazas pola vosa acollida.

  • Non participei en ningunha das actividades da pregunta número 2 (aínda que marcar unha opción é obrigatorio). Por outra banda, descoñecía esta iniciativa e encantoume participar! Grazas!

  • Estaría ben organizar unha especie de entrega de premios do TL. Unha especie de "Premios Mestre Mateo" do Tempo Libre. En ningún caso para enriquecer o Ego de ninguén se non por premiar o traballo ben feito e motivar aos profesionais. Premio ao mellor Campa de Verán, Premio á mellor actividade de Ócio en Inclusión, Premio á mellor Canción de Campamento, Premio honorífico ao monitor X que leva 30 anos de servizo...

  • Grazas ás persoas que traballaron arreo para facer esta edición do Interactuando posible :)

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar