2016-INAUGURACIÓN-TRANSCRICIÓN CECILIA


Agradecer ás dúas persoas que me acompañan na mesa, tanto a Belén como a Brais, dalgunha maneira a sá implicación na posta en marcha novamente destas décimas xornadas do INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE. Pero tamén sen esquecerme de todas aquelas persoas que non están aquí, pero qe andan por aí e que tamén colaboraron e impulsaron dalgunha maneira esta iniciativa.

A verdade é que é una satisfacción estar aquí. E é unha dobre satisfacción, porque eu a primeira vez que entrei neste albergue de Gandarío tiña nove anos, e xa choveu... -case vai facer trinta anos que entrei por primeira vez-. E entrei e non saín de Gandarío. Entrei nun campamento de verán, naquel momento xa a Xunta de Galicia tiña posta en marcha a Campaña de Verán, e este foi o primeiro albergue no que estiven. E bueno, que vos podo dicir?Os recordos son alucinantes...

E bueno, engancheime... Eu creo que Gandarío é un pouco como a Casa, esa casa que acolle a todo o mundo que entrou aquí nalgún momento...

Houbo unha persoa que tivo bastante que ver nesta concepción que temos de Gandarío -ademais dalgunhas persoas que anda algunha por aí, como Lourdes, José, etc que levan toda a vida, para eles si que isto é unha casa- pero houbo unha persoa especialmente que tivo moito que ver nisto, que foi Mita.

Eu recordo cando coñecín a Mita. A primeira bronca que me botou por chegar tarde a unha xornada do INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE, que me quedou gravada a fuego. Non se me ocurríu nunca máis volver chegar tarde aquí. E outra persoa para a que me gustaría ter unhas palabras especiais é para esa persoa que dirixiu este complexo durante moitos anos, que foi Luís Felipe, que tamén fico que Gandarío pois fose o que foi e o que esperemos que volva a ser nalgún momento.

Satisfeita por iso, por estar novamente en Gandarío, e satisfeita por estar no INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE. Eu tamèn tiven a oportunidade de participar no INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE e, dalgunha maneira, podería dicir que me marcou ou me iniciou na miña paixón polo Tempo Libre, e explícome: a min agora tócame estar onde estou -mo orgullosa e moi satisfeita, tamén- pero nos meus inicios e fai moitos anos participei nun montón de iniciativas, por non dicir todas as que puxo en marcha a Dirección Xeral de Xuventude ao longo dos últimos vinte anos.

Precisamente esa paixón que fun capaz de atopar nestas xornadas de INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE levoume a participar dun xeito máis directo, que foi a través dunha asociación xuvenil. Asociación que naceu moi preto de aquí, eu son de Betanzos, esta era a asociación xuvenil Brigantium, e a miña implicación ou participación nesta asociación pois si que me marcou tamén dunha forma moi positiva porque me ensinou un montón de cousas.

Esta introdución é para dicirvos que é un pracer estar aquí. É un pracer que o INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE volvese outra vez. O que espero é que nestes días de convivencia, nestes días de compartir experiencias, que teñades oportunidade de recuperar esa ilusión polo Tempo Libre e pola construción do que vai ser o presente e o futuro disto. Esta mesa leva por nome "O pasado, o presente e o futuro". Eu non me atrevo a falar de futuro, penso que non son a persoa máis adecuada para facelo, penso que para iso estades vós aquí, e que vós sodes os que tedes que construír o futuro, e a administración o que ten que facer é poñer as ferramentas e dalgunha maneira as actividades, as iniciativas que partan da sociedade en xeral -e neste caso do eido do tempo libre- o que ten que facer a administración -na medida das posibilidades- é apoialas. Polo tanto, eu creo que o futuro do Tempo Libre depende de vós, do que fagades ao longo destes días e todas aquelas conclusións e avaliacións ás que cheguedes pois encantados de que nolas trasladedes. E na medida das posibilidades pois levalas a cabo. E pola miña parte nada máis que desexarvos unha boa xornada, que desfrutedes moitísimo e que o aproveitedes. Nada máis.

Grazas

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar