2016 INAUGURACIÓN. TRANSCRICIÓN BRAIS


INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE, despois de dez anos de inexistencia volve ser verdade.

E hai unha serie de persoas, de tódolos recunchos do país. Algunhas que están presentes nesta sala, outras que non poden estar aquí, que fixeron muito para que estas xornadas sexan realidade.

Digo isto porque agora veño falar eu, pero non vou falar de min mesmo: son voceiro de muitas outras voces.

As xornadas son de INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE. Tempo Libre... Educación no Tempo Libre. Se cadra é boa cousa pensar un pouquirrichiño que é iso do Tempo Libre. Porque ás veces como que damos por feito que sempre existiu o Tempo Libre.

Para facer unha introdución, permitídeme que me retrotraia á orixe dos tempos disto que estamos falando.

Cando o Tempo non era Libre.

No estado español había unha ditadura, na que a educación era sempre Formal -non había Educación Non Formal- e a letra con sangue entraba. Naqueles tempos falar de liberdade, ou liberdade de pensamento, pois non era o que máis ben visto estaba... E naqueles tempos, os lugares nos que se podía practicar o que hoxe chamamos Educación no Tempo Libre eran entre algúns sectores máis progresistas que podía haber dentro da igrexa. Debemos recoñecer que a orixe de que moitos que aquí esteamos traballando no eido do Tempo Libre, provén daqueles tempos, nos que había xente que intentaba buscar os seus camiños, pensando nunha sociedade un pouquiño diferente ao que se estaba vendo ao redor.

Nalgúns sectores da igrexa e tamén en movementos que traballaban con cuestións agrarias. Hai xente aquí que lembramos persoas que eran un referente, que traballaban no empoderamento dos homes e mulleres rurais.

Despois chegou a democracia.

A Lei do Asociacionismo só foi no ano 1978. Por fin os homes e mulleres de España se podían asociar libremente, pra traballar polos seus intereses e bens comúns. Naquel tempo había moita ilusión. Moita ilusión. E é algo que paga a pena recalcar: a importancia de facer as cousas con ilusión. Despois de tanto tempo pechad@s, o mundo estaba por descubrir! E entón había un montón de ilusión na sociedade civil, nas universidades, nas escolas, en todo tipo de lugares, en toda Galicia había xente que quería facer cousas novas.

Naqueles tempos era bastante habitual que como a Escola aínda era bastante Formal, toda esa xente que se estaba formando nas universidades e que tiña ideas de que as cousas puidesen ser doutra maneira, intentaban levar esas cousas á práctica, e así nos finais dos anos setenta e anos oitenta o que había muitas asociacións pequerrechas que ían nacendo como cogomelos en tódolos lugares de Galicia. Muitas asociacións veciñais, culturais, de barrio, de todo tipo... que aínda hoxe moitas delas seguen en activo, comezaron a facer actividades, actividades de todo tipo, actividades que intentaban levar esa outra nova maneira de pensar no que as cousas no canto de ser dunha maneira directiva, podían ser dunha maneira máis participativa, por tódolos recunchos do país. Muitos dos que participaban nesas asociacións eran estudantes universitari@s, sobre todo de pedagoxía ou carreiras vencelladas á educación, que pensaban que as cousas podían ser doutra maneira. Moitos eran estudantes que ían facendo nos seus tempos libres outro tipo de labores e actividades.

Entón comezou a haber campamentos por todo o país. Antes os campamentos existían, claro que existían, organizábaos sobre todo a OJE e movementos análogos. A partir dos primeiros anos da democracia moitas asociacións en moitos lugares do país comezaron a organizar campamentos e actividades que hoxe chamamos de tipo sociocultural, e iso foi ao comezo dos anos oitenta.

Os anos oitenta foron rodando, e moitos destes rapaces e rapazas ilusionad@s universitari@s comezaron a traballar nas escolas e e en concellos e a ter maior presenza na sociedade.

Foi tamén o tempo en que isto do Tempo Libre, que non tiña moita forma, empezou a organizarse. Entón apareceu unha cousa que lle chamaron as Escolas de Tempo Libre. Porque era evidente que todas esas cousas que estaban sucedendo fóra dos ámbitos académicos, todas esas actividades de tipo sociocultural que sucedían nos concellos -fosen promovidos polos concellos ou polas asociacións ou por quen fose- eran Educación.

Non eran actividades para aparcar nen@s. Non eran actividades para entreter a xente. Non eran actividades para entreter os nen@s mentres imos de compras. Eran actividades educativas, porque había outras maneiras de pensar e porque había moita xente que -con ilusión- quere levar esas maneiras de pensar, adiante!, para ir pouco a pouco, con pasiños de formiguiña, transformando a sociedade.

Nos anos noventa pódese dicir que foi o florecemento das Escolas de Tempo Libre. Todo iso que chamamos "monitor de tempo libre" "director de tempo libre" que moit@s senón tod@s @s que estades nesta sala coñecedes perfectamente, tiveron nos anos noventa un grande florecemento.

Como había tantas escolas por todo o país, con tanta xente interesante facendo cousas... uns dende a administración, outros dende o voluntarismo, dende as escolas, dende as asociacións, todo tipo de iniciativas, foi polo que algunha xente dixo "ui... iso está empezando a medrar, e fai falta buscar un foro no que toda esta xente que está traballando na educación dende unha pluralidade de perspectivas poida encontrarse, poida xuntarse. E aí naceu unha iniciativa que chamaron INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE, Xornadas para Intercambio e Actualización de Experiencias.

Esas xornadas tiveron unha progresión. Da que non falarei eu agora, pero falaremos nesta mesa.

E estas xornadas foron lugar no que para muitas das persoas que levamos case dous anos intentando que estas xornadas volvan ser realidade, foron se cadra o máis importante... o máis importante na nosa formación. E por iso nos doía. Nos doía na alma que no presente non existisen unhas xornadas semellantes.

Porque nesas xornadas podías encontrar a monitores e a técnicos de concellos e a xente da administración, de máis para arriba a máis para abaixo, e á xente das empresas -incipientes por aquel momento- e xente absolutamente de todas as perspectivas do sector e, sobre todo, tódolos debates que tiñan ou tiveron importancia durante todo este proceso... se deron eiquí. E aquí se falou dos distintos tipos de titulación, de debates sobre como educar, lingua, valores, etc. Cada anos as xornadas de INTERACTUANDO tiñan unha temática. O máis importante non era a temática, o máis importante era xuntármonos aquí, por uns días. sen galóns nin títulos, tod@s como axentes do Tempo Libre.

Fago esgta contextualización para que comprendades por que estamos hoxe aquí.

Unha serie de persoas entendiamos que era importante reactivar estas xornadas e por iso en Marzo do ano pasado, houbo xente que chegou dende distintos lugares de Galicia voluntariamente aalí á Casa da Xuventude na praza do Matadoiro en Santiago, a unhas xornadas que chamamos Foro para preparar un INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE.

Había unha proposta por pate dunha serie de xente. É necesario que volva haber estas xornadas? Alí nunha convocatoria dun día para outro, en pouco máis dunha semana, apareceron máis de trinta persoas, e foron xornadas marabillosas para os que estivemos alí, porque realmente se veu que hai vontade e necesidade de que houbese unhas novas xornadas de INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE.

Foi alí naquela tarde na que se definiu os contidos do programa que imos desenvolver agora nestes días, e muitos debates que espero que teñamos.

Vou deixar aquí a miña intervención inicial, porque hai máis persoas na mesa. E hai unha mulleriña aí, que agora ten cabelo branco, pero antes o tiña negro e foi das cabezas pensantes que dixeron "ui... nisto do Tempo Libre fai falta que haxa unha xornadas para que a xente interactúe e actualice experiencias". (paso a Belén Caballo)

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar