PANEL DE EXPERIENCIAS

"REPOSITORIO DIXITAL DE RECURSOS PARA O TEMPO LIBRE EN GALEGO"

PONENTE: Brais Fernandes Álvarez

OBXECTIVO

Poñer en coñecemento do mundo profesional do tempo libre un repositorio dixital de recursos que están en galego e son de calidade, para o seu uso e difusión.

EXPERIENCIA

O Repositorio Dixital de Recursos para a Educación no Tempo Libre en galego é unha iniciativa conxunta da Secretaría Xeral de Política Lingüística e maila Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para atender dúas necesidades: a posta en común de recursos educativos de calidade útiles para a educación no tempo libre, e que estes recursos sexan accesibles en lingua galega.

Creouse unha proposta inicial no 2015 con perto de 60 recursos dispoñibles, descargables ou que poden ser consultados nun teléfono móbil, cunha serie de tipoloxías de actividade habituais na educación no TL e cun modelo de ficha que pretende ser útil e sinxelo..

REFLEXIÓN

Preséntase o repositorio nas únicas xornadas de carácter científico sobre a educación no tempo libre en Galicia, e convídase encarecidamente a propiciar retroalimentación verbo do estado actual da iniciativa, que debe ser ampliada.


DATOS DE CONTACTO

Brais Fernándes Álvarez

Acción da DXXVP e SXPL. web repositorio

VOLTAR A PANEL DE EXPERIENCIAS 2016

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar