PANEL DE EXPERIENCIAS

"PROXECTO DE PARTICIPACIÓN SOCIAL DA MOCIDADE DE TEO"

PONENTE: Ramón Molina Gómez

OBXECTIVO

Presentar unha experiencia de participación xuvenil no Concello de Teo.

EXPERIENCIA

As premisas de partida era transmitir e poñer unha base común sobre o qué entendemos por "participación": como dereito que temos as persoas de cara á toma de decisións, e tamén, como unha actividade privilexiada para o desenvolvemento humano. O xeito de achegarnos á realidade xuvenil do Concello de Teo foi dando os seguintes pasos: 1. Achegamento a referentes clave; 2. Coñecemento do tecido asociativo; 3. Contacto directo coa mocidade.

En total, 254 mozas e mozos participaron do estudo (15'9 % da poboación total do concello entre 16-25 anos).

REFLEXIÓN

As conclusións máis relevantes ás que chegamos neste estudo diagnóstico teñen que ver coa necesidade de empoderar á mocidade e partir dos seus centros de interese, para acertar nas propostas que se fagan e que así participen. Este traballo require de crear redes de dinamización e contar coas axentes dinamizadoras e vertebradoras das entidades sociais. O ideal é promover as actividades que xorden directamente as entidades, para que se sintan protagonistas e participen por iniciativa propia.


DATOS DE CONTACTO

Ramón Molina Gómez

Educador social - Arelar Xestión Socioeducativa

rmolina@arelar.es

VOLTAR A PANEL DE EXPERIENCIAS 2016

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar