PANEL DE EXPERIENCIAS

"CAMPAMENTOS DE VERÁN, UNHA EXPERIENCIA COA QUE CAMBIAR O NOSO MUNDO"

PONENTE: Breogán Lourido Corral

OBXECTIVO

Reflexionar sobre alternativas e propostas, desenvolvidas en campamentos, que potencias a vida entre iguais, a participación e a colaboración entre as persoas.

EXPERIENCIA

A experiencia de participar nun campamento de verán é de desconexión total, pero tamén supón moitas máis cousas. Ningún é como o anterior.

Trátase de abordar unha convivencia entre iguais, rompendo os prexuízos que a sociedade nos marca, e que poidamos vivir experiencias que cambian vidas. Os campamentos teñen moitos momentos onde se pode aproveitar para a creación de conciencia e compromiso grupal, nos que todos e todas estamos xuntas.

REFLEXIÓN

O tempo libre, os campamentos, son persoas que agardan moitas veces pola chegada do verán ou doutros períodos estivais para formar parte dun proxecto de traballo que os emociona e pretenden desenvolver coa ilusión, a entrega e a paixón de quen está facendo o que realmente lle gusta, aceptando con entusiasmo, pero tamén con responsabilidade; a non existencia dun horario nin unha ocupación fixa. Persoas, á vez e en todo momento, cantantes, arquitectas, tele-operadores, deportistas, confesores e organizadoras de eventos; que loitan por un ideal común que os atrapou para si dende que o coñeceron.

DATOS DE CONTACTO

Breogán Lourido Corral

Monitor e director de actividades de ocio e tempo libre

Mestre de escola

breo.lc@gmail.com

VOLTAR A PANEL DE EXPERIENCIAS 2016

INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE   Xornadas Galegas de Actualización de Coñecementos e Intercambio de Experiencias
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar