CAMPAMENTO DE MONITORES/AS
Grupo Informal Monitorado Activo
► DESCRICIÓN
O Campa para Monis consiste nunhas xornadas de convivencia celebradas en Lalín que teñen como obxectivo crear unha proposta de traballo colectivo para poñer en común experiencias, debatir sobre aspectos clave da intervención e aprender estratexias que melloren a nosa práctica como profesionais da educación non formal. Todo isto dun xeito ameno e divertido.
Na feira presentouse o proxecto a través de diferentes vías:
Amosáronse fotografías das sete edicións que xa leva este proxecto.
Falouse das distintas actividades levadas a cabo nas xornadas; tales como actividades de interior, de exterior, debates, dinámicas para facer grupo, performance para visibilizar o labor do monitorado galego entre a opinión pública...
Por outra banda tamén recolectáronse ideas, achegadas polos visitantes mediante un buzón de suxerencias, co fin de axudar a establecer a temática do Campamento do ano que ven.
Ao estar este proxecto impulsado por un Grupo Informal dentro da Iniciativa Xove, aproveitouse a oportunidade para falar das características desta axuda pública de participación social e dar consellos á hora de presentar algún proxecto para a concesión de dita axuda.
► DATOS DE CONTACTO