COMO DETECTAR E ACTUAR ANTE UNHA EMPRESA QUE INCUMPLE O CONVENIO
Eduardo Villanueva Rey (Dudi)
► DESCRICIÓN
Neste acto o expositor apoiouse dunha presentación en Power Point para explicar o caso concreto dunha experiencia negativa vivida por el mesmo dirixindo unha actividade de tempo libre. Desta maneira foi enumerando unha serie de neglixencias levadas a cabo pola empresa que o contrataba e a potencialidade de perigo para os seus participantes resultado das mesmas. Ilustrou tamén os pasos a seguir para por en coñecemento destas irregularidades a estancias superiores. A continuación abriuse o debate onde os participantes expoñían as súas experiencias negativas parecidas e a necesidade de que este tipo de malas prácticas non se volvan repetir.